Moitas grazas polo recibimento.
Nacín en Bos Aires e o meu avó paterno era de San Xián de Torea.
Cando enviudou veu vivir connosco e eu tiven a oportunidade de compartir vinte anos no mesmo fogar.
O meu avó veu cara a América no ano 1927 e nunca voltou á terra.
Eu tiven a sorte de estar alá dúas veces (a última o ano pasado).
Publiquei un libriño que se chama “Son galego”, e que explica o meu sentimento con Galicia en xeral e con Muros en particular.
Xa publicara algo ao respecto Manuel M. Caamaño en I LOVE MUROS.
Podes ler algo do libriño no blog Cuspe de Pita:
http://cuspedepita.blogspot.com.ar/search/label/Son%20galego.
Podes ver algo da miña historia a partir do minuto 4:30 do vídeo:
E a partir do minuto 3:12 neste:
Teño catro fillos e casei cunha descendente de vascos. Son mestre e profesor.
Non che quero amolar coas miñas lerias…
Unha aperta, Jorge.