p/ Manuel M. Caamaño
Os patróns de pesca do arrastre necesitamos coñecer todos e cada un dos obxectos, pedras e cascos asolagados que hai no fondo da plataforma continental onde adoitamos traballamos para non prender as nosas redes neles estragando dese xeito o día de pesca e causando grandes avirías nas artes de pesca.
A miña grande curiosidade polo tema dos naufraxios ven dada pola circunstancia de que centos de cascos asolagados nas augas de preto das nosas costas son de procedencia , nome e circunstancias descoñecidas, sendo rebautizados por nós de diferentes maneiras para localizalos e situalos. Iso ben dado polo afastamento no tempo e pola falta de información, ou documentación deses naufraxios, dos que tan só quedan os seus restos como testemuña muda e perenne da súas traxedias.
´Dalgún pecios, a causa a ter ocorrido os seus naufraxios en tempos máis recentes, coñécense os seus nomes e as circunstancias dos seus naufraxios , as máis das veces moi tráxicas!
Un destes casos de e o do petroleiro “BONIFAZ” da compañía navieira española “Castilla” , de triste lembranza na vila de Muros.
O Bonifaz que prestaba servizo para a CAMPSA no momento da súa traxedia , zarpou do porto da Coruña con destino a Cartaxena o día 2 de Xullo do ano 1964, despois de ter descargado para a refinería da cidade herculina 19.000 toneladas de petróleo cru.
Ían abordo del nese viaxe 47 tripulantes e 7 mulleres como pasaxeiras, que acompañaban aos seus maridos nesa travesía.
Ao pouco saír da ría da Coruña e antes de chegar á altura das illas Sisargas a néboa fíxose espesa dificultando a visibilidade e polo tanto a navegación.
O capitán do Bonifaz , don José Amézaga, ordenou reducir maquina e reforzar a garda con vixías nos aleróns da ponte de mando, tal como mandan as ordenanzas e as regras elementais de navegación.
Navegaban con esas nulas condicións de visibilidade nunha costa que soportaba un dos maiores tráficos marítimos de mercadorías do mundo; un trafico que non estaba regulado de ningún xeito, e no que unha gran maioría de buques navegaban aínda sen radar, tan só confiando en que fosen escoitadas as sinais acústicas das súas buguinas de néboa polos outros buques que se cruzases na súa derrota.
No caso do Bonifaz non serviron de nada as precaucións tomadas. Ás 10 da noite do día 3 de xullo era abordado polo tamén petroleiro de bandeira francesa “Fabiola” a nove millas ao oeste de Cabo Fisterra.
En tan só media hora, logo do abordaxe e dunha forte explosión, desapareceu o buque tragado polas augas deixando un balanzo tráxico de 20 desaparecidos e cinco falecidos. Na traxedia tan só houbo 29 superviventes.
……………..
Entre os tripulantes desaparecidos había catro veciños da vila de Muros :
Juan José García Malvarez de 63 anos que ocupaba o cargo de Mozo.
Jesús Malvarez Fernández de 48 anos, caldereteiro.
Antonio Tajes Tajes de 43 anos, fogueiro.
Jesús Fernández Tajes de 26 anos , limpiador
…………………
Un dos superviventes do naufraxio foi o capitán Amézaga o cal fixo estas declaracións ante as autoridades logo de ser desembarcado no porto de Vigo
“El buque fue embestido por la popa en el costado de babor, en medio de la niebla por el petrolero galo Fabiola que tenia el doble de tamaño que el Bonifaz y tras declararse un fuego a bordo, xusto en la zona de colisión, el barco se fue a pique en menos de media hora.
Los tripulantes desaparecidos eran justo los que estaban alojados en el costado que sufrió el impacto del abordaje y posterior incendio, para abandonar el barco que se hundía ordené arriar dos botes salvavidas en los que embarcaron los tripulantes que en eses momentos se encontraban en cubierta, mientras un marinero y mas yo permanecimos a bordo hasta que las aguas llegaron al puente , momento en que nos lanzamos al mar donde estuvimos nadando durante una hora hasta que un bote auxiliar del buque holandés Setas nos recogió”
……………
Algunha vez teño estado cas miñas redes enganchado nos restos do Bonifaz , cousa que agora mesmo antolláseme case un pecado por crer ter perturbado o eterno descanso dos seus desaparecidos.
No ano 2008 fixemos en Muros unha homenaxe ás vítimas do Bonifaz. Estiveron aquí varios dos superviventes , entre eles o capitán Amezaga, e moitos familiares dos mortos e desaparecidos.
Este ano faremos o noso particular homenaxe ás vítimas do mar en Plencia, País Vasco. Lugar de nacemento e de residencia do capitán do Bonifaz, o cal, ainda que case con 90 anos e practicamente cego. Aínda se emociona e énchese de ledicia ao volverse atopar cos seus vellos compañeiros e coas familias dos que perderon as súas vidas naquela terrible traxedia.
O vindeiro ano cúmprese o cincuentenario do naufraxio do Bonifaz e os superviventes e as familias das vítimas, volveranse a reunir en Muros. E xunto coas familias de aquí volveremos a lembrar e a honrar a memoria daqueles que perderon as súas vidas nas augas da nosa costa.
FICHA TECNICA
ARMADOR :…………………………. …Naviera de Castilla
TIPO :…………………………………….. Petrolero
ESLORA :……………………………. …170,67 Metros
MANGA :…………………………………. 21,64 Metros
PUNTAL :……………………………….. 11,90 Metros
TONELADAS P.M. :………………….. 19.420 TM
PUESTA QUILLA :……………………..17/02/1957
BOTADURA :…………………………….27/09/1957
ENTREGA :……………………………… 2/02/1959