Ao PICO, xograr de Esteiro. (in memoriam)

 P/ Manuel María Pena Silva

Picture20Non coñecín á persoa,
albisqueino en personaxe,
recoñecinlle a liñaxe
que no escenario é coroa.

Prorrompo aplauso arestora,
por ser levián equipaxe;
replique o eco a mensaxe
da «Galizaland» señora.

Rindo sentida homenaxe
a XOSÉ MANUEL OLVEIRA
GALLARDO, voz mariñeira
dunha adestrada oleaxe.

Muradáns, falta o veciño
de Breogán compañeiro,
caeu telón, xa adiviño…

Eis PICO, xograr de Esteiro,
noutro papel, manseliño,
maxistral, máis verdadeiro

http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario