P/ Manuel María Pena Silva
Non coñecín á persoa,
albisqueino en personaxe,
recoñecinlle a liñaxe
que no escenario é coroa.
Prorrompo aplauso arestora,
por ser levián equipaxe;
replique o eco a mensaxe
da «Galizaland» señora.
Rindo sentida homenaxe
a XOSÉ MANUEL OLVEIRA
GALLARDO, voz mariñeira
dunha adestrada oleaxe.
Muradáns, falta o veciño
de Breogán compañeiro,
caeu telón, xa adiviño…
Eis PICO, xograr de Esteiro,
noutro papel, manseliño,
maxistral, máis verdadeiro