The Muros Times
ANO 0 – Nº 4 – XULLO—2013
Cando fai uns poucos meses debuxamos o inicio da revista, non podíamos supoñer que ”The Muros Times” iba a ter unha acollida tan grande.
TMT, que nace na diáspora, a miles de kilómetros da terra que uns muradáns deixaron buscando unha vida mellor, e o froito do interés de moitos en dar a coñecer a historia, arte, cultura e costumes dhun “LAR” que nunca se olvidou.
Ás aportacions dos colaboradores fundacionais, cada mes únense outras que enriquecen a revista dándolle mais calidade e fomentado o interés dos moitos lectores, os que xa podemos contar por alguns miles, asegún as estadísticas que nos ofrecen a páxina de TMT no Facebook, e a páxina-soporte en issuu.com.
Para os vindeiros meses hai xa compremetidos un bo número de artigos de muradans residentes e doutros que están fora, pero que tamén queren unirse o gran proxecto de TMT. Profesores de Historia, Filoloxía e Mediciña; Licenciados en Economia, Farmacia, Dereito, Bioloxía, Inxeniería Industrial, Graduados Sociais, Periodismo, e un longo etcétera, vannos aportar os seus coñementos, pero tamén haberá outras colaboracións de persoas , que a outro nivel, pero non por elo menos importante, escribirán sobre embarcacions tradicionais, mediciña natural, costumes, flora, etc.
TMT é, e vai seguir sendo, unha iniciativa plural e aberta, e por iso quer da colaboración de todos, porque entre todos poderemos mais, e ese mais debe ser causa común de todos: Pór en valor o noso concello de Muros e as súa comarca.
Xa por último, dende de “The Muros Times”, os colaboradores queremos dedicarlle unhas liñas de agradecemento a Manuel Lago Álvarez (Manolo de América) polo seu infatigable labor na captación de mais colaboradores e pola edición e maquetación da revista dixital. Sen o seu profesionalismo, dedicación e paciencia (comparable á de San Xó), este proxecto nunca se podería haber levado a cabo. Gracias Manolo.