A nosa Xente: César Cisneros Luces

P/ Manuel Lago Álvarez

César Cisneros Luces-Un muradán que dedicou toda a súa vida ao periodismo
César Cisneros

Ninguén e capaz de negar que Muros deu a Galicia, España e o Mundo, mulleres e homes, que ali onde estiverán, deixaron a súa impronta. Moitas veces “rebeldes con ou sin causa”, pero a súa pegada quedoú. Moitos son grandes desconocidos, os que o pasar do tempo levounos a un olvido total. Hoxe vou intentar dar a coñecer a un muradán egrexio, que aló nas Américas. deu moito que decir. E refirome a CÉSAR AUGUSTO CISNEROS LUCES, un muradán autodidacta que foi quen de adicar toda a súa vida ao periodismo., sin renegar nunca dos seus humildes oríxenes.
Cuba, Uruguai e Bos Aires foron os destinos de César Cisneros Luces na emigración. En todos quedou pegada da súa presenza a través das súas colaboracións xornalísticas ou dos diarios que dirixiu. Este xornalista e escritor aparece como unha das principais figuras da prensa galega en América.
César Cisneros Luces naceu en Muros o 22 de setembro de 1849. Tras cursar os estudos primarios, con trece anos, emigra a Cuba. Na Habana residía o seu tío Andrés M. ª de Cisneros e Pereira. Comezou a traballar como dependente no comercio Diana, ao tempo que ía aumentando progresivamente a súa formación. Nesa época comezou a súa colaboración co «Diario da Mariña». Trasládase co seu tío a Cárdenas e máis tarde a Sagua. Nesta segunda localidade exerceu como director de «A Voz de Sagua». Posteriormente, formou parte da redacción do «Diario da Mariña».
Problamas de saúde obrígano a retornar a Galicia en 1868. Foi nomeado como profesor de instrución xeral na Escola Naval Flotante de Aprendices de Mar, instalado na corveta Mazarredo no Arsenal de Ferrol. Oposto á sublevación republicana de outubro de 1872, foi capturado polos sublevados. Cisneros Luces narraría posteriormente estes feitos no libro El Gallego«A insurrección do Ferrol».
En 1873 volveu seguir o camiño da emigración, esta vez cara ao Río da Prata. Asentouse nun primeiro momento en Uruguai. Cofundador do colexio de ensino primario Hispanoamericano na localidade de La Unión. Pasou despois a exercer a contabilidade de libros nunha oficina do Ferrocarril Central uruguaio. O seu seguinte traballo foi a dirección do diario «A Carta Branca». Dende as columnas deste medio combateu a ditadura de Lorenzo Latorre, precisamente as persecucións que tivo que sufrir motivaron a súa marcha a Bos Aires en abril de 1877. O 15 de maio de 1877 comeza a traballar como redactor de «O Correo Español».
Cisneros Luces foi asinante dunha convocatoria, o 13 de marzo de 1879, da que sairía a fundación do primeiro Centro Galego de Bos Aires. Foi elixido como vicepresidente da primeira xunta directiva do Centro Galego. Neste senso, hai que dicir que Cisneros mantivo moi malas relacións co presidente do Centro Galego, Manuel Vázquez Castro, que contribuirían á desaparición da entidade. En 1879 Cisneros Luces fundou «O Galego», cuxo primeiro número sae o 27 de abril dese ano. Dende as colomnas deste xornal criticou a xestión de Vázquez Castro á fronte do Centro Galego. Pero o oficio de xornalista non sería a súa única ocupación. En efecto, Cisneros traballou tamén como docente e axente de negocios. Tras a desaparición de «O Galego», cuxo último número sae o 7 de novembro de 1880, Cisneros pasou a traballar como corrector de probas en «O Diario». Tamén se colocou como Inspector de desembarque, dentro do Departamento xeral de Inmigración. En xaneiro de 1883 daría comezo unha nova etapa do diario «O Galego», que, sen embargo, só conseguiría sobrevivir durante seis meses. Non obstante, en maio de 1888 Cisneros promovería unha terceira época deste xornal, que pouco tempo conseguiría sobrevivir. Pasou a traballar como corrector de probas no diario «Sudamérica». Pouco despois fundou «A Bandeira Española», que só se publicaría durante sete números.
Decide trasladarse a Montevideo, pasando a colaborar en «O Pampeiro», «a Unión Galega», «Montevideo Noticioso» e «O Galego» que se publicaba na capital oriental. En febreiro de 1896 enferma e é internado no hospital italiano de Montevideo. Ao saír deste centro regresa a Bos Aires, onde ao pouco tempo ten que ingresar no hospital Español. Neste último centro faleceu o 4 de xaneiro de 1897, ós 48 anos de idade. Ademais da súa actividade xornalística, César Cisneros escribiu o libro La insurrección de Ferrol, no que narra os acontecementos da sublevación republicana que tivo lugar o 11 de outubro de 1872, que o levou ao cárcere. Tamén cultivou a poesía, «Na Ausencia» é un dos seus poemas máis coñecidos.
Fontes: xunta.es — galegos.info

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente, Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s