Un número mais de “The Muros Times”, e xa van tres…, e neste especial do Mes das Letras Galegas contamos coa colaboración de mais muradanos comprometidos e queredores: Marcelino García Lariño (Marcelo da Rabela), Manuel María Pena Silva (Rioderradeiro), Xoaquín Figueiras (Xokas), César Acuña Rios, Director da Escola Municipal de Música de Muros, e José Manuel Formoso Luces (Porrúa).
Como poderedes ver a revista segue crecendo, e crece en páxinas e seguidores porque Muros botaba en falta unha revista cultural, porque lembra as desaparecidas «A Eiroa» e «A Motora», revistas editadas en Louro e Esteiro, que tanto aportaron en todos os eidos. Agora, TMT quer ser de todos os muradáns, dende unha punta ata outra, e queremos que participe mais xente coas súas colaboracions. Afortunadamente temos unha xuventude moi ben formada e da que Muros ten que sentirse orgulloso. Esta xuventude ten moito que achegar e dicirnos. A xuventude muradán lle decimos: enviade os vosos artigos o correo de TMT. A vosa colaboración e moi importante.
NB.: Moitas persoas nos pediron exemplares en papel da revista. De momento, só se fixeron oito exemplares, que foron distribuídos nas bibliotecas, institutos e colexios do Concello.