Falar Muradán (2)

p/ Henrique Monteagudo.

  1. O léxico: palabras e expresións

O falar muradán ofrece palabras e expresións moi características. Algúns das que eu usaba ou uso e que chaman a atención fóra de Muros son: deleiba (tanto no sentido negativo de ‘desfeita’Imagen5 como no positivo de ‘choio’), parar nun sitio (residir temporalmente), caer de alto en peso, disir moito (‘replicar’, ‘insistir’), aquello foi un víndeo-ver-á porta da vila!, decontado, de quen quen (‘de coma quen’, ‘ de mentira’), escurrumpela (‘tobogán’), piringüela (‘randeeira, columpio’), trandeira (‘tendal’) enredar / reinar (‘xogar’), os mosiños (‘os cativos’, ‘os nenos’), os busos(‘os beizos’), espentenexar (‘pestanexar’), nun espentenexo (‘nun abrir e pechar os ollos); botarse de resollo, nadar de resollo (‘mergullarse’, ‘bucear’). Seguro que hai moitas máis, e sería bonito recollelas.

Andar ou ir ó mar é traballo que fai moita

xente en Muros, e precisamente van pescar (matar peixe). Por tanto, o elemento mariñeiro é importantísimo, como non podía ser doutro xeito, no coloquio muradán corrente: embarcar / desembarcar (dun vehículo), pasar leste (pasalo mal), botar un cabo (axudar), faser maghas (‘chegar e encher’, ‘facer virguerías’), enguadar (‘engaiolar, encandilar’), mallar / masar (distínguense: ‘malláronme coma un peixe’, isto é, ‘atrapáronme’ ou ‘enganáronme’ / ‘masárono coma un polbo – un pulpo’, ou sexa, ‘mallaron nel’), ser un bo peixe, ser unha boa lura, botar as nasas, caer coma un chincho, Imagen2non quero quiñón! (non quero saber nada do asunto), poñerlle a proa a alghén (‘collerlle manía’ ou ‘facerlle frente’).

Como dixen antes, seguro que facendo unha recolla máis ampla, teríamos unha ceifa abundantísima dese falar tan vivo, peculiar, expresivo e xeitoso como é o muradán. Animo pois a toda a xente interesada a que contribúa a corrixir, aumentar e matizar as informacións que debullei lixeiro nestas liñas.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A nosa Lingua y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s