p/Alfonso Pouso
LEMBRANZAS DE PESCO …
Cando so era un rapaz
o’ Mar tiñalle medo
por iso fun traballar
con un home pro cemento
trescentas pesetas ao dia
foi moito tempo o meu «sueldo »
traballando coma home…
¡ e pagado como neno !
Esgotado cal un burro
canso de dar o pelexo
botenlle collons a cousa
e fun-me cara o Curbeiro
atopeime eu con Xoan
(un bon amigo de neno )
andamos cara o seu pai
que isparaba os aparellos.
– Boas tardes ,SR. PEPE
falar con vostede quero…
-Dime o que queres rapaz
¡ non poido perder o tempo !
tremabanme as pernas todas
non sei que facer cos dedos
pois a forma de falar
erache brava de xeito !
e de supeto eu soltei :
Embarcarme e o que quero
miroume de riba a baixo
deulle un respiro o trafego
e soltoume sen pensalo…
coma un ferro ao roxo ardendo :
– Hoxe as catro da mañan
¡coma un cravo no Curbeiro !
pararon xa os tremores
o peor xa estaba feito.
Cheguei moi cedo esa tarde
a miña nai dixenlle contento :
-Prepareme pronto a cea
-E, ¿ a que ven iso, meu neno ?
-Embarcarei esta noite
co SR. XACOBO o vello
e as catro da manan
teño que ir pro Curbeiro
A probe da miña nai
canto sofria por dentro
pois de sobrado sabia
do mareo do seu neno.
NOVO CABO VILAN
era o barco trasmalleiro
e fomos a TOURIÑAN
en busca de pintos e vellos.
Ao cachiño de sair
pola punta do castelo…
botei fora pola boca
o que non habia dentro
Vaia lembranza mais doce
a que gardo eu dese vello…
foi il o primeiro home
que me pagou un bon sueldo.
Hoxe xa faleceu o meu probe
xa non anda aos aparellos
pero devolle a ise HOME :
Que me embarcase de NENO.
En memoria de un bon home .
© a. pouso