Navegar polo infindo

P/Manuel María Pena Silva

Manuel MaríaNo cume de Monte Louro
Plantei o meu corazón,
Bandeira a frotar no vento,
Mastro senlleiro, maior,
Dun grande barco de vela
Ancorado no solpor.

Polo sur vén Corrubedo;
A par da proa, O Neixón…,
A Roda, O Facho e A Insua
Mantéñense en comunión
Co meu navío sagrado,
(Onde mora a devoción
Dos ancestros parroquianos,
Loureanos de nación),
Envexa de riatelos
E gareteiros do Son.

Cando emprenda a travesía,
Cando endereite o timón
Rumbo ós dourados infindos,
-Pazos de dormir o Sol-,
Para navegar tranquilo,
Quero, por tripulación,
Uns mariñeiros veciños,
Cofrades do Caldeirón,
Expertos, nos Tres Saltiños,
Practicantes da inmersíón,
Nadar na casca da auga,
De “resolgo” e a pulmón…,

Desde o limpo ata o escuro,
Facendo esa exhibición
Con testemuñas expertas
Nas Artes da Natación,
En pórse cu para riba,
-En bolas, sen bañador-,
Amosando esa gaitiña,
Vermiño triste e sen voz,
Por mor de estar enrugada
Do salitre e o arneirón,
Pouca boroa na casa,
E de carne, nin ración…

Quero, pois, xente probada
No sufrimento peor;
que navegar polo infindo
non che é unha broma, ¡non!

¡Rompe amarras, Monte Louro,
Adiante, e a polo Sol,
Antes de que o roube a noite,
Co seu bocado traidor,
Pra nos deixar desnortados
Ó pairo do perdedor!
P/ Manuel María Pena Silva
http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s