Nº 5 – AGOSTO-SETEMBRO—2013
Aquí está con todos vós o novo número de “THE MUROS TIMES” Un número que ven cargado de historias, de reportaxes, entrevistas, lendas e relatos relacionados co noso concello.
Un número un chisco especial, pois engloba os meses de agosto e setembro. E non é por falta de colaboradores/as nin de material, o motivo deste número especial, senón por falta material de tempo do que dispuxemos os editores nestes meses de canícula para manter a periodicidade. Coidamos que logo deste número a revista volva ser mensual.
Gustamos de comprobar a gran acollida que ten entre todos vós este proxecto e tamén nos gabamos da cantidade de colaboradores que se van engadindo mes a mes as nosas ringleiras. Pouco a pouco imos gañando en variedade e calidade; iso si, sempre sen descoidar o noso obxectivo inicial que é dar a coñecer as cousas de Muros e á xente que ten algo que contar. Tamén é grande a afluencia de visitas e de novas incorporacións a nosa páxina no “Facebook”, que xa ten máis de seiscentos seareiros!. Todo isto danos pulos para seguir adiante con este ilusiónante proxecto que é “THE MUROS TIMES”.
Son moitos os seguidores que nos din que desexarían contar coa revista impresa. De momento non pode ser, ainda que, quen queira imprimir a revista so ten que baixala en PDF da páxina do soporte dixital (ww.issuu.com) e imprimila o seu gusto. Con todo, agardamos que vos agrade esta nova entrega e ata o vindeiro mes.