O Serpent

p/ Alfonso Pouso

Aló no monte da cova

catro homes ante a choivaPicture5

metidos na’quela furna

agardan por longas horas

foise un mirar as vacas

que  levaban fachuzos

pendurando-lles das cornas.

Unhas  na punta Pedrosa,

outras na praia de Trece

o barco que ata aló navegue

de seguro que perece…

Ruxía con xenio o vento

o’ mar na praia bramaba

e no medio d’aquel inferno,

un barquiño  embarrancaba

foi-che  moi  cerca  de Trece,

aló nas cornas do Boi

onde o vapor inglés

a súa quilla tronzaba.

Homes que berran,

xentiñas que choran,

e indo cara o’ mencer…

corpos na praia xa flotan.

Xa cando  alborexaba,

poido-se ver a traxedia

cento setenta e tres homes,

alí a vida deixaran.

A carga d’aquel vapor

moito che deu que falar,

decían que era ouro,

máis non o poideron topar…

os mandos » de la jhran Bretaña »

dixeron que un buque – escola…

eu creo que as talladas foron ,

pra  aqueles  homes da cova.

© a.pouso

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s