O vapor da prata (O Skyro)

p/ Manuel M. Caamaño

As historias e lendas que falan de barcos asolagados cheos de tesouros son un tema recorrente na literatura dos naufraxios e tamén están presentes na memoria colectiva de todos os pobos costeiros.

Nas costas de Galicia non podían faltar os nosos particulares “barcos do tesouro”,  os galeóns de Rande e o Douro son dous exemplos amplamente coñecidos e documentados. O primeiro na ría de Vigo e o segundo fronte as costas de Corme.
Aquí en Muros temos tamén o noso particular aínda que menos coñecido, barco do tesouro “O vapor da Prata”.

Infinidade de veces teño escoitado as historias dos vellos mariñeiros muradáns que falaban dun barco inglés que naufragou coas súas adegas cheas de lingotes de prata nun lugar denominado “A Corredura” por terra das pedras de Meixide, a medio camiño entre Muros e Fisterra. Contaban de como entre as redes que se largaban nese lugar viñan mallados, como se peixes de metal fosen, retorcidos lingotes dese prezado material.

Unha historia que era un segredo a voces entre os mariñeiros, pero do que non había ningún tipo de confirmación, máis que esas illadas testemuñas.

A curiosidade levoume a remexer nas hemerotecas e atopei esta reseña no periódico “La Vanguardia” que fala de como , outra vez máis, se espoliou por parte duns caza-tesouros un pecio que naufragou no ano 1891 nas nosas costas, O  «Skyro» , o Vapor da prata.

JUEVES 23 DE MARZO DE 1961

LA VANGUARDIA ESPAÑOLA Página 12

       “Hallazgo del «Squyro», mercante inglés hundido en la costa gallega en 1891 El buque británico «Droxford», dedicado a la búsqueda de pecios, ha logrado extraer del viejo barco naufragado 230 toneladas de plomo y espera hallar lingotes de plataPicture28

 La Coruña, 22. – El buque inglés de salvamento «Droxford» ha localizado cerca de la costa, entré Muros y Finisterre en los bajos denominados “Meixidos”., al mercante de la misma nacionalidad «Squyro», hundido en esa zona en 1891

El «Squyro» fue encontrado en una grieta del fondo, a unos cincuenta metros de profundidad. Por medio de moderno material de salvamento, se procedió al descenso de un buzo, dentro de una campana especial, que dirigió desde el fondo las tareas de rescate de la mercancía.

 El barco conducía lingotes de plomo, plata y otros metales, y, hasta ahora, se han conseguido extraer doscientas treinta toneladas de lingotes de plomo, por valor de 3.200.000 pesetas, pero se cree que quedan todavía más de este material y algunos de plata, ya que, al ocurrir el naufragio, llevaba ochenta y ocho lingotes de este metal, siendo, recuperados entonces ochenta

 Picture29 El «Droxford», que ha entrado en La Coruña, salió para Brest, donde, desde hace tres años, intenta localizar a un mercante hundido en 1914 con un cargamento de cobre. Volverá a La Coruña en el próximo mes de mayo, con objeto de proseguir las tareas. de extracción de los minerales que se encuentran en el «Squyro».”

É máis que probable ante a vista desta reseña publicada nun xornal inglès da época, que o verdadeiro nome do barco fose “Skyro”

The Skyro Treasure

“The S.S. Skyro sank in deep water after striking a reef off Cape Finisterre in 1891 carrying a valuable cargo of silver bullion. Two salvage attempts failed due to the extreme depth and persistent bad weather, until in 1896, the Spanish diver, Erostarbe, using Siebe Gorman equipment, finally located the treasure at a depth of 20 fathoms. Erostarbe used dynamite to gain access to the cabin where the silver was stored. This was not easy, after five years on the sea bed the Skyro had broken up and the deck above the strong-room had collapsed to within 18″ of the cabin floor. On the surface boisterous weather and strong currents made tending the diver difficult. Nevertheless Erostarbe clawed a path to the bullion and during several long, deep, dives recovered 59 bars of silver”

 No ano 1984 o patrulleiro da Armada Española “Salvora” volveu a mandar mergulladores a remexer nas entrañas  do Skyro, mais pouco había xa que sacar del e só acadaron constatar que nada quedaba máis que os restos  xa moi desfeitos daquel naufragio.

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s