Os curas e os raposos

p/ Manuel Lago Alvarez

Dende moi vello, dise por Muros que cando un mariñeiro vai para o mar e se atopa con un raposo ou con un cura, o día de pesca está fodido…, Que quen con tal se atopou, non vai asinar peixe. Mais aínda … que cando o cura se atopa no peirao… “nin rabo de peixe”. A frase ven de moi antigo e o tempo acabou de desvirtuala, e me explico: Alá polo ano 1746 aconteceu na Vila un percance entre a criada do Prior da Colexiata, Ldo. D. José Antonio Picture31de Arredondo, e a tripulación dun pesqueiro muradán. E cal cousa sería o que pasou entre a criada, que por certo se chamaba Rosa Martínez, e os mariñeiros… e uns, ós que o prior chamaba “canónigos intrusos”, o ciruxán da Vila, uns dos notarios do concello, e outros … Vamos … que o Prior tivo para todos ¡¡¡.
Pois aconteceu, que aínda nese século (que logo se chamaría o “século das luces”) pervivían en Muros antergas costumes e privilexios. O clero tiña o dereito de obter dos mariñeiros o peixe que quixeran de forma totalmente gratuíta. E así, un día de tantos, o Prior da Colexiata mandou a súa criada (Rosa Martínez) a buscar peixe o peirao. Foi a “mandada” e dirixiuse o primeiro barco de atopou, e dirixíndose ós mariñeiros reclamou, en nome do Prior, que se lle dera tal e cal peixe. Aquel non fora un bo dia de pesca para os mariñeiros. O pouco peixe que había abordo facíalle falta para levar as súas casas e dar de comer as súas familias. Resumindo: os mariñeiros negáronse a darlle o peixe a criada do cura, e palabras veñen e palabras van… enzarzaronse nunha liorta verbal, na que menos que chamarlle guapo o prior, os curas e as súas criadas … chamáronse de todo.Picture32
Enterado o Prior do acontecido, non dubidou en presentar denuncia contra os díscolos mariñeiros. A denuncia chegou o Tribunal da Inquisición de Santiago, do que, por certo, o denunciante era Comisario do Santo Oficio, na Vila e a súa demarcación. Convén dicir que o prior era persoa de nobre berce e rancio avoengo, por ser fillo de Dona María Antonia Pardiñas,(unha dos catro prestamistas que había na Vila naquel entonces), quen, ademais de prestar 20.000 reais cuns intereses de 2.400, tamén era tratante de congro a grande escala (1.000 reais de ingresos anuais, bastante por riba dos demais tratantes), comerciaba con viños e posuía dous buques mercantes, unha patache e unha pinaza (en ambas embarcacións figuraba como única propietaria, sendo ademais os barcos que maiores beneficios producían).
Na Vila os ánimos andaban moi caldeados. Uns estaban a favor dos mariñeiros e outros a favor dos intereses do Prior. E a tanto chegaron as disputas que o Prior non dubidou en denunciar tamén a quen lle levara a contraria de forma activa, entre eles un dos notarios da Vila (Francisco Javier Troncoso), o ciruxán Juan Antonio Padín, e os coengos José Ventura Velo, Francisco Xiance, Esteban Longa e José Relova, ós que o Prior denuncia e titula como “canónigos intrusos”. O proceso criminal durou de 1746 ata o 1756.
Dende aquela quedou a frase: “a cura no peirao … nin rabo de peixe”. O andar do tempo fixo que a frase se desvirtuara, quedando como que, o ver un cura no peirao, mala ou nigunha pesca lle esperaba o barco, pero os feitos relatados nos din outra cousa distinta.
Hoxe en día, os curas, ademais de “pescadores de almas” sonche tamén pescadores de peixes, que os hai que teñen moi boas artes para pescar non só almas senón tamén bos robalos.

Por si pudera interesar, añado a lista de priores que tivo a nosa Colexiata.

Fontes: Arquivo Histórico Nacional. Consello da Inquisición. Procesos criminais do Tribunal da Inquisición de Santiago.

Picture33

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas, Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s