p/ Elixio Vieites.
Tipo de ben: Muíño, Concello: Muros Parroquia: Abelleira (Santo Estevo) Lugar: A Rateira Outra denominación do ben: Cronoloxía: Descoñecida,
O muíño do Pazo forma parte dun conxunto de 8 muíños que se atopan a carón do río Rateira. Os nomes dos outros muíños son A Moíña, O Queimado , o do Medio, o Novo, o Vello, o de Moledo, o do Campo e o da Agriña. Unha canle, que aínda se pode ver esborrallada, levaba a auga aos diferentes muíños da marxe dereita do río para facer andar a moa. Todos os muíños son de parecida construción, planta rectangular e tellada a unha auga con tella do país. Os muros son de cachotería.
Propiedade: Privada Uso actual: Sen uso Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA021.PDF (pax 3 do pdf) Ruta dos muíños do río Rateira
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si Está cuberto de maleza: Si Está afectado por algunha obra: Non Estado de conservación: Malo Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado: