Entrevista a Bernardo Fariña.

p/ Jorge Lago de Pexejo

De Joe Bernardo coñecín a familia en Muros, aos avós, pais e tíos. A él coñecino aquí, nos Estados Unidos, ainda que nos vemos pouco a non ser por algunhaImagen3 xuntanza de paisanos que facemos de cando en vez.

De boa presenza e de doada conversación, Joe non é dado á labia exuberante, pero sí de que a charla sexa fluída e sempre interesante.

Coñecelo ao redor dunha mesa dun restaurante non dá suficiente como para indagar moito sobre o que lle apaixona, pero creou o preámbulo desta entrevista que aí vos deixo.

J.L._ Joe, imos a empezar coa entrevista. Primeiro dime como prefieres que che chame: Joe ou Bernardo, mellor dito: Cómo che chaman na tua casa e así será como eu me dirixa a ti se mo permites.

Outra pregunta: En qué ano viñeches para os Estados Unidos e que edade tiñas cando saliches de Muros?

Bernardo._ En muros conócenme por Bernardo, Cheguei a os EUA o 22 de Novembro do 92 candoImagen2 tiña 22 anos .Un rapás daquela, que ahora xa non o son tanto .En ese tempo era íntimo do teu sobriño Tony e ainda seguimos séndoo. Boa xente Tony, e a túa hirmá non digamos.

J.L._ Por qué decidiches virte para América?

Bernardo._ A traballar como casi todos, supoño. Pero xa vin coa idea de andar o mar porque meu tio José Lamela, hirmán de miña nai Uca de Ventín, tamén coñecidos como os das “Gaviotas”, xa estaba aquí, e eso sempre facilita as cousas.

J.L._ E ao mar segues andando. Foras ao mar antes de vir para aquí?

Bernardo._ A plaia ajodelas veces, jajaja!!! .Non, nunca andivera antes, pero penso que sabes que meu avó foi moi bo patron toda a vida e parece que o levo na sangre, él foi unha perona que sempre quixen ser como él dende que empecei o mar e así seguirei si Deus quere.

J.L._ Que o levades no sangue é indubidable. O teu avó, Pepe do Niño, o teu tío, e polo que teño entendido, o teu irmán Oscar que tamén se dedicaron máis ou menos ao mesmo tipo de pesca que fas ti.

Bernardo._ E Carlos, outro hirmán que tamén anduvo o mar moito tempo de patrón no barco de meu tio Pepe.

J.L._ Vamos, que sodes parte de unha disnastía de mariñeirosImagen1 en dous continentes.

A qué tipo de pesca te dedicas ti?

Bernardo._ Podese decir unha dinastía, ainda que ahora son só eu o que ando o mar. Dende que cheguei, sempre me dediquei o mismo: scallops. Aparte teño o barco da lagosta no que teño xente traballando.

J.L._ Para aclararnos, o scallop é a nosa vieira e a lagosta sería o noso lubrigante si non me equivoco.

Ti vas todo ano a vieira ou alternas indo tamén o lubrigante?

Bernardo._ Vou todo o ano a vieira, a lagosta vou cando me apetese que son poucas veces. A vieira e parecida pero solo se come o músculo as “majas” non se comen, son para as gaivotiñas.

J.L._ Si, aquí só se come o músculo redondo sin nada do que leva arredor. Algo que a nosa xente o ve como un desperdicio incomprensible.

Cando ides as vieiras, canto tempo vos leva cada marea?

Bernardo._ Botamos sempre de 10 a 12 dias cada marea

J.L._ Non sabía que iades por tantos días.

Xa levamos máis dun mes en que as temperaturas non soben moito de 32 graos Fahrenheit (0 centígrados) e con noites de chegar a menos de 15 grados. Non pasades moito frío?

Bernardo._ Frio ajodelo pero xa non é como anos atrás, ahora xa estamos moito mellor preparados con roupa especial para o mar, ainda así, non deixa de ser duro traballar con estes tempos.

J.L._ Ademáis, despois de que recolledes, tendes que abrir as vieiras e limpalas a man en cubierta por moito frio que faga, penso eu.

Bernardo._ Non, abrímolas dentro

J.L. Menos mal. Podedes pescar todo o que queirades, ou tedes cotas?

Bernardo._ O goberno puxo moitas regulacións e ahora só temos unhas mareas por ano .Cando vamos de marea o barco pesca as 24 horas os 12 dias. Somos dous patróns e traballamos por turnos de 8 horas cada turno e despois temos o que lle chaman “day fishing” que salimos a coller 600 libras cada dia e cada barco ten as sua cota. Eso é o que estou facendo ahora. O ano para nós empeza en Marzo que é cando nos dan as mareas que podemos facer cada ano, pero esas normas polo de ahora déronnos a vida. Por eso está tan caro, porque a demanda supera a oferta.

Non sei si sabes que hoxe en dia a vieira é unha das mellores pescas que hai e de máis rendimento económico nos Estados Unidos. Nós pescamos moi ben, somos un dos millores barcos e con moi boa reputación. Non é fácil conseguir traballo nesta industria.

J.L._ Así que ainda que un pase un pouco de frio, vale a pena.

Despois de eses 10 ou 12 días de pesca, cando chegades a porto xa tendes comprador ou subástase como fan nas lonxas? Cómo funciona a cousa en América?

Bernardo._ Nós mandámolo todo a New Bedford a subasta e cando ando o día (Day fishing) vendemos aquí na lonxa a case prezo fixo. Normalmente nunha marea traemos de 20 a 40,000 libras (9000 Kg – 20,000 Kg) e somos sete homes a bordo, esa é outra das regulacions. Fai anos podían andar os que foran, pero con menos homes abordo non podes abrir tanta vieira, así que é unha maneira de limitar a pesca.

J.L._ O lumbrigante tamén está regulado? Dígoo por que aquí nas peixarías sempre hai lubrigantes.

Bernardo._ Tamén pero a maioría do que ves ven

de Maine. Para do lumbrigante cérrase a pesca todo o mes de Abril, pero despois pescas seguido. Nós vamos como tres veces a semana si o tempo o permite. As nasas están todo o ano no mar. Cada vez que vamos recollemos a pesca e poñemos carnada nova e logo volvemos en cinco ou sete días, depende. Ahora mesmo teño como unhas 1,200 nasas no mar e levantamos 400 cada vez que vamos.

J.L._ Supoño que tedes restricións en canto a tamaño ou se a lagosta ten ovas.

Bernardo._ Todas con ovas van de volta o mar e as que non dan a medida,porque temos unha medida para elas. Aqui non e como alá por eso nas ves nin nunca as veras con ovas en ningún sitio, restaurantes, pescadeirías, etc. Si nos collen unha con ovas creo que son a dolar por ova mais podes perder as licencias de pesca.

J.L._ Aclárame unha cousa; Ti es o patrón do barco no que pescades vieiras, pero es o armador do barco que se dedica á pesca do lubrigante. Cal é o Discovery e cal é o Lucía?

Bernardo._ O Lucía é o meu que é o dos lubrigantes. Donde eu traballo por 20 anos, son o Discovery II e o Discovery V, e xa levo 15 anos que son patrón.

J.L._ 15 anos de patrón, e polo entusiasmo que se te nota aínda vas seguir séndoo por moitos anos máis. Cando chegues a unha idade de ter que pousar os pés en terra firme, pensas quedarte nos Estados Unidos, ou talvez volver a vivir a Muros?

Bernardo._ O mar a min doume e estame dando moito para eu deixalo por ahora. De volver a España, tería que cambiar moito a cousa, este país axudoume moitísimo como para eu deixalo un día.

J.L. Ok Skipper, lamentablemente eu tamén teño cotas que cumprir e obríganme a ter que deixar esta agradable conversación da que aprendín moito dos mariscos que máis me gustan e dos que ti nos provés. De agora en diante mirarei ás vieiras ou lubrigantes pensando que talvez procedan dun dos Discovery. Un abrazo e vémonos na próxima xuntanza.

Ahí che vai o cuestionario de Bernard Pivot:

J.L_ Cál é a túa palabra favorita?

Bernardo._ Na teño

J.L._ Cál é a menos favorita?

Bernardo._Guerra

J.L._ Qué te emociona?

Bernardo._ Ver a cubierta chea de peixe

J.L._ Qué son ou ruído che gusta?

Bernardo._ A música

J.L._ Qué son ou ruído detestas?

Bernardo._ Cando rascan o tenedor no plato

J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?

Bernardo._ Non acostumbro a xurar

J.L._ Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer?

Bernardo._ Piloto de Rally

J.L._ Qué profesión non desexarías facer?

Bernardo._ Médico

J.L._ Se o ceo existe, Qué che gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?

Bernardo._ Xa podes ver a túa nai outra vez

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Entrevistas y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s