Curarse en saúde

p/ Javier Mayo Veloso.

Operador na Central de Urxencias Sanitarias de Galicia 061

Técnico en Transporte Sanitario -Instructor de Soporte Vital Básico por SEMES-AHA

A enfermidade é tan antiga como o ser humano e dende sempre este preocupouse por entendela, explicala e combatela. Dende unha medicina baseada en piares máxico-relixiosos evolucionamos a unha medicina do século XX, impulsada polo desenvolvemento científico e técnico (combinada cunha demostrada efectividade deImagen9 levar unha vida sa). Con frecuencia as novas tecnoloxías poidan causar receo por unha complexidade fóra do noso alcance: é o caso dos Desfibriladores Externos Semi Automáticos (DESA) cuxas dúbidas máis comúns intentaremos aclarar. Temos ferramentas, usémolas, dotémonos delas mentres estamos sans. En definitiva: curémonos en saúde.

10 PREGUNTAS SOBRE O DESFIBRILADOR EXTERNO SEMI AUTOMÁTICO (DESA)

1.- Que é unha parada cardíaca?

É unha afección do corazón na que este de súpeto deixa de bombear sangue. Realmente as células do corazón non deixan de moverse, pero xa non o fan de forma coordinada e polo tanto son incapaces de facer fluír o sangue, provocando o que se coñece como unha fibrilación ventricular (cando as células dos ventrículos do corazón -as cámaras inferiores que realizan a maior forza no bombeo- non xeran a súa electricidade e movemento no momento correctos, e xa que logo no canto de moverse coordinadamente para bombear somentes fan vibrar o corazón, pero non flúe o sangue). A parada cardiaca vai acompañada polo feito de que o paciente deixa de respirar, por iso fálase habitualmente de parada cardiorespiratoria. Ao non fluír o sangue as celulas do corpo irán morrendo aos poucos por falta de osíxeno, ata que a persoa faleza definitivamente.

2.- Podemos sobrevivir a unha parada cardíaca?

Si! Para iso é moi importante seguir a denominada cadea de supervivencia, é dicir chamar os servizos médicos para que cheguen o antes posible, practicar a reanimación cardiopulmonar para facer que chegue algo de osíxeno ás células, e utilizar o desfibrilador. A desfibrilación (única intervención eficaz que existe para tratar a parada cardíaca) permite que as células do corazón volvan moverse de forma coordinada e devolve o latexo cardíaco, logrando que a persoa sobreviva. É moi importante que se realice a desfibrilación o antes posible, xa que cada minuto que pasa as posibilidades de sobrevivir da persoa son menores.

3.- Que é un desfibrilador?

Un desfibrilador (chamados habitualmente DEA ou DESA) é un dispositivo computerizado portátil (extremadamente fiable, seguro e de doado manexo) que mediante descargas eléctricas pode reiniciar o latexo dun corazón que sufriu unha parada cardíaca. Isto é posible realizalo nos primeiros minutos tras a parada cardíaca, mentres o paciente aínda se pode reanimar. En canto antes se actúe co desfibrilador, maior será a posibilidade de supervivencia. O equipo, tras acendelo, infórmanos mediante indicacións acústicas e visuais dos sinxelos pasos a realizar.

4.- Por que é tan importante dispoñer dun DESA preto?

O tempo é o maior inimigo da supervivencia nestes casos. A realización dunha descarga no primeiro minuto do evento supón unha taxa de éxito superior ao 90%. Moi raramente os servizos sanitarios poden acudir tan rapidamente (só unha de cada 20 persoas sobrevive a unha parada cardíaca repentina cando acontece fóra do hospital).

5.- Quen pode utilizar un DESA?

Calquera pode adquirir un DESA (o seu prezo varía en función do fabricante e características do desfibrilador) agora ben, estes aparatos só poden ser utilizados en Galicia por calquera persoa que acreditase a formación, coñecementos e habilidades necesarios para iso.

6.- Son seguros os DESAs?

Si. Unha vez colocados os parches analizan o ritmo cardíaco e aconsellan aplicar unha descarga eléctrica en caso de detectar unha fibrilación ventricular ou unha taquicardia ventricular sen pulso (outro tipo de evento que consiste en que os ventrículos do corazón aumentan anormalmente a súa frecuencia de bombeo e o fluír do sangue non é correcto). Ademais ao ser semiautomáticos (isto é, que para liberar a descarga eléctrica e tras recomendar esta) debe ser o reanimador quen coa presión dun botón realiza a acción. 7.- Que sucedería se lle coloco un DESA a alguén consciente? Nese caso o desfibrilador, ao non detectar unha fibrilación ventricular ou unha taquicardia ventricular sen pulso (únicos eventos para os que está indicado) NON recomendará unha descarga e dende logo NUNCA a efectuará automaticamente.

8.- Para que idades está recomendado o seu uso?

Os DESA estándar son adecuados para nenos de máis de 8 anos de idade. Para nenos de entre 1 e 8 anos, hai que utilizar parches pediátricos ou un modo pediátrico, se é posible; se non están dispoñibles, hai que utilizar o DESA tal cual. Non obstante, non se recomenda utilizalo en nenos menores dun ano.

9.- Que responsabilidades legais me afectan?

En Galicia, a formación e uso do DESA por persoal non médico está regulado polo Decreto 99/2005 do 21 de abril. A dispoñibilidade dun DESA debe ser comunicada á Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 (CCUS 061), desta forma, a utilización do desfibrilador efectúase baixo a supervisión e responsabilidade dun médico quen seguirá a manobra, ben presencialmente ou telefonicamente a través da CCUS-061).

10.- Que mantemento requiren os DESAs?

Practicamente nulo, auto chequeanse continuamente. Segundo fabricante e versión a batería que levan incorporada pode chegar a durar máis de catro anos ou realizar máis de 300 descargas. Os electrodos (ou parches) levan un xel incorporado que adoita caducar aos dous ou tres anos (tamén segundo fabricante e versión).

Cadea de supervivencia:

Imagen8

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan, Mediciña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s