p/ Esmu-Carnota
A MUSICOTERAPIA AQUÍ, MOI PRETIÑO DE NÓS, APLICADA A PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
A Escola Municipal de Música de Carnota non só é coñecida pola súa laboural musical coa poboación de Carnota e arredores, se non tamén por algo máis social e loable como é impartir cursos de Musicoterapia no Centro Ocupacional de Valadares.
Dito centro está sito no municipio de Outes, no lugar de Valadares. Pertence e xestiónao a Asociación de Discapacitados da bisbarra de Muros ADISBISMUR, cunha gran laboura e fantásticos resultados. Non só traballan en obradoiros de cestería, cerámica, xardinería, etc, se non que aprenden hábitos saudables, de convivencia, de respeto, de hixiene … teñen moitos terapeutas especializados que traballan con eles todos os días como fisioterapeutas, logopedas, psicóloga, mestra de lecto escritura, informática, teatro, etc, saen en moitísimas excursión de diferentes calados ao longo do ano (pesca, camiño de Santiago, vela adaptada, praias, sendeiros, campionatos deportivos …); e voluntarios que dan o mellor que saben deles para achegarlles aos usuarios os seus coñecementos en distintas áreas, coma nós …
Para que os lectores desta nosa revista vos fagades unha idea de cómo se pode levar a cabo unha sesión de Musicoterapia de dúas horas con estes rapaces/as tan especiais e queridos para nós, deixamos reflexado aquí unha organización de dita sesión, da primeira sesión que a nosa directora, Alianza Uhía, levou a cabo no seu primeiro día en Valadares.:
Coñecémonos coa música.
PRESENTÁMONOS.
Todos en corro. Primeiro decímonos os nomes con palabra, pero logo cantando.
Empezo eu “Ali, ali ali , que la vuelta está al derecho, ali, ali, ali, que la vuelta está al revés. 1, 2, 3.” E conto tres dende min, e onde toque, empeza a cantar co seu nome.
XOGAMOS CO RITMO.
2.1 Cun pandeiro tocamos diferentes figuras, e según sonen podemos ser:
Elefantes; se a figura que tocamos é branca (dous pulsos)
Persoas; se a figura é unha negra (un pulso)
Formigas; se sonan as corcheas (medio pulso) E seremos estatuas se o que “sona” é o silencio.
Nunha roda, cada un de nós fai un ritmo, e o resto de compañeiros ten que repetir ese ritmo
XOGAMOS CO SON
Falamos dos distintos instrumentos que hai. Coñecemos os seus nomes, como se tocan, como soan … Decidimos cada un qué instrumento imos ser. Cando a música sona movémonos ao seu ritmo, e cando deixa de soar, somos estatuas facendo que tocamos co instrumento elixido.
CANCIÓN CON XESTOS
“Eva y Adán nadaban en Mogor, Eva en bikini y Adán en bañador”.
Primeiro aprendémonos o texto, logo como sona, e finalmente cando xa nos sabemos a canción … aprendémola con xestos: Cando dicimos Eva, facemos como si leváramos dúas trenzas. Cando dicimos Adán, facemos musculitos. Nadaban, como á braza. Bikini sinalando parte de arriba e bañador a de abaixo. Mogor, como si tomáramos o sol.
Bufffff qué difícil é isto, quen gañará? O que menos se equivoque, porque cada vez hai que facelo máis rápido!!!!!!!
AUDICIÓN
Escoitamos primeiro a audición de LA MÁQUINA DE ESCRIBIR. L. Anderson.
Logo, Todos sentados en círculo imitamos que estamos escribindo nunha máquina de escribir. A música indícanos cando debemos cambiar de renglón, cando imos máis rápido, cando imos máis lentos, e incluso se nos durmimos.
ESCOITAMOS UN CONTO
MUSICADO
Escoitamos o conto de “O lobo e os tres porquiños” un par de veces e aprendemos a canción. Facemos un debuxo, e nas próximas clases faremos caretas dos porquiños e o lobo para finalmente, facer a representación.
MÚSICA DESCRIPTIVA
Escoitamos música en silencio, e logo, ao azar, uns cuantos alumnos explicarannos que lles suxeriu esa música, a onde o trasladou, qué tempo facía, etc …
DESPEDÍMONOS CON BAILE.
Dúa horas que se pasaron volando!!!! Unha marabilla de alumnos!