A Nosa Xente: Pepita Fernández

Picture9Charlar con Pepita e un empezar e non saber cando acabar. Fala con alegría, pero tamén con autoridade, e entre frase e frase, unha anécdota. É Pepita de Lacho, unha muradana da parroquia de Serres onde naceu fai xa setenta e dous anos, pero lévaos estupendamente, como si tivera vintecinco. Ela foi a cuarta de cinco irmáns. Casou ós 23 anos, no ano 1965, con Manuel Sendón, ten tres fillos e catro netos, e sigue coa mesma ilusión de sempre. Xa criados os fillos, e con 45 anos, emigrou ós EEUU, onde residiu durante 19 anos, e durante todo este tempo sempre traballou na mesma empresa; unha empresa de bordados. Custoulle algo o idioma, xa que os seus compañeiros de traballo eran hispanos, pero pouco a pouco foi aprendendo, e hoxe fala fluidamente o inglés. Acerca do idioma cóntame, que como sole pasar, as primeiras palabras aprendidas foron as habituais palabrotas, pero todo se foi levando.
Agora está xubilada, pero dime que a voltaria os EEUU agora mesmo, porque alí pasou uns anos moi felices e o pais gustáballe e gústalle moito, que América e o pais onde todo o mundo ten oportunidades. Dedicada as labores da casa, coida un xardín precioso, na súa casa de Serres que está pegadiña a estrada. Algo que non sabe todo o mundo, e que é unha entusiasta de internet, e que foi unha das primeiras persoas de Muros en usar as redes sociais. A revista The Muros Times gústalle moito e que a lee toda enteira. Ós redactores de TMT pídenos que escribamos mais sobre a historia e costumes muradanas. Prométolle que sí, que o faremos, e pídolle que escriba algo ela para a revista, pero dime que lle gusta mais falar que escribir.

Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario