Juan José Martínez Fernández naceú en Muros no ano 1937. Casoú ós 17 anos coa muradana María do Carmen Puente Chouza ca que tuvo cinco fillos, e destos, once netos e dous bisnetos. Fixo estudos primarios na escola de Serres, sendo o seu mestre Don Antonio Otero Peón. Ós catorce anos entroú a traballar como aprendiz de mecánico no taller do Charango. Cumplido o servicio militar, ós vinte anos empezou a súa andaina como marino mercante, na que o longo de mais de trinta e cinco anos, e sempre en barcos españoles, navegou por todo-los océanos do mundo. O último dos barcos no que navegou foi o petrolero de 275.000 toneladas, “Tarragona”. Do seu navegar ten moitas lembranzas. As mais recordadas: os fortes temporais os que se enfrentaron os barcos nos que navegaba, como o ciclón Hortensia que o colleú na travesía do Golfo de México a Cartagena.
Ahora, xa xubilado, dedica o seu tempo a múltiples tarefas. E membro da Coral Don Diego de Muros, da asociación de xubilados do mar “Xubimar”; asiste a cursos de manualidades, e da asistencia a cursos descubreu unhas dotes que lle eran descoñecidas: a de pintor de paixases, que pinta con notable pericia. Tamén cultiva a súa horta con gran acerto, e como non podía ser doutra maneira, e como home de mar, Juan José e un experto pescador ocasional. Ten gañado varios premios nos concursos de pesca que se celebran en Muros, durante as Xornadas “Muros Mira ó Mar”.
Vaia por diante a nosa felicitación a este inquieto muradán, e o noso dexeso dunha longa vida chea de actividade.