P/Francisco Abeijón Núñez.
Imos debullar hoxe a orixe das cores da Esteirana, un dos equipos máis senlleiros do fútbol da Costa. Saberemos por qué a Esteirana viste de roxo e azul, coas mesmas cores que o Barcelona?.
Esta pregunta pode xurdir tanto cando se recibe algunha nova do fútbol esteirán, como cando se acerca polas instalacións do campo de fútbol Xosé Luis Vara Olveira. Nunha impresión apresurada pódese concluir fácilmente en que a vestimenta dos equipos da Esteirana poderían deberse a unha certa preferencia nos siareiros da parroquia de Esteiro polo equipo do FC Barcelona.
Se ben é certo que en Esteiro hai un numeroso grupo de xente que alenta polo equipo catalán. E que nas fins de semana reunidos ao carón de Heriberto Tabota no seu bar Local da Esteirana, disfrutan coa práctica do fútbol alegre e combinativo do que ven facendo gala últimamente o equipo barcelonés. A verdade é que a orixe das camisetas con raias verticais azuis e vermellas dos equipos equipos de fútbol de Esteiro está na outra beira do océano Atlántico, na república arxentina. E máis concretamente na cidade de Bos Aires. A capital arxentina mundialmente coñecida por ser a quinta provincia de Galicia, debido a que albergou a unha gran multitude de residentes de orixe galega.
A práctica do fútbol chegaría a Esteiro a principios do século pasado da mán dos operarios vascos da fábrica de conservas de peixe que a familia Legarda instalou en Somorto contra 1915, e que mantivo a súa actividade ata os anos oitenta dese mesmo século. Ao igual que en moitos outros portos da costa galega foron os traballadores destas novas industrias os que trouxeron a moda de xogar ao balón recén importada de Ingaleterra. O certo foi que moi pronto callaría entre os mozos esteiráns a práctica do fútbol na praia do Artón.
Andados os anos, e como non podía ser doutro xeito, por terse constituído como un auténtico motor da sociedade da parroquia, sería a asociación agrarista La Protección Social Esteirana (a coñecida sociedade), a institución que creou o primeiro equipo de fútbol con certa estabilidade e coa intención de competir con equipos formados nos outros portos da ría e de toda a costa galega, cos que mantiña a entidade unha relación comercial. No seo da sociedade formouse tamén un equipo infantil de fútbol ao que vestiron con camisetas feitas cos sacos de fariña do economato da sociedade. A esta indumentaria totalmente blanca engadíuselle unha franxa vermella no peito. Afortunadamente consérvase unha fotografía deste equipo infantil que foi publicada por Manuel Torres Fernández na súa obra imprescindible para coñecer a evolución do fútbol en Esteiro.
Pero a primeira equipación de fútbol que vestiron os mozos esteiráns foi enviada á sociedade dende a Arxentina por emigrantes no albor da segunda república española. Así me foi transmitido polo señor Vidal, último secretario da Protección Social Esteirana con quen compartín admiración polo Celta; por Juanito Romaní, cando por fin voltou a Esteiro logo dun truculento exilio político de máis de corenta anos; e polo vello Torea de Uhía, nas moitas tardes de fútbol que vivimos xuntos.
Aqueles emigrantes xuntaron cartos e mercaron unha equipación completa para mandarlle ao equipo de fútbol da sociedade esteirana de recente creación. Tratábase das camisetas roxas e azuis coas que xogaba o equipo de fútbol do seu barrio, o San Lorenzo de Almagro. Vivían no barrio bonaerense de Boedo, coñecido por seu unha terra políticamente incorrecta na que vivían moitos anarquistas, entre eles varios esteiráns. Era un barrio humilde no que en 1908 un crego lles conseguira a un grupo de rapaces os terreos que precisaban para formar un equipo fútbol. Nacía así o Clube Atlético San Lorenzo de Almagro, un equipo clásico do fútbol arxentino. Na actualidade moi coñecido por ser o equipo favorito do Papa Francisco.
Co paso dos anos os equipos de fútbol de Esteiro seguiron vestindo habitualmente con camisetas a raias verticais roxas e azuis. Moi probablemente sería esta lembranza dunha mitificada sociedade que estaba moi presente na memoria dos esteiráns naquel tempo de prohibicións da dictadura franquista a que animou polas cores roxas e azuis aos directivos que en 1971 inscribiron á Esteirana para as competicións da Federación Galega de Fútbol.
Sería deste xeito como naceu o coñecido “sentimento roxazul” que cada semana se pode ver polos campos de fútbol da Costa
Buscador interno
Fotografías
Categorias
-
Entradas recentes
- O OFICIO DE SANCRISTÁN EN MUROS
- A voz dos nosos poetas
- MÁIS DE OITO SETAS COMESTIBLES
- FRIAXE GLACIAL
- DATOS DE INTERES
- A voz dos nosos poetas
- Dúbidas do Galego: Lívido e libido
- Iglesia de Santa María do Campo (II)
- Curiosidades muradanas Mariñeiro agredido con un bastón, no ano 1754
- A prensa de 1960: Toma de posesión da Alcaldía de Muros do Dr. D. Fernando Rey Hermida e homenaxe ao anterior alcalde, Don José María Monteagudo Romaní”
- Publicidade muradana de 1961
- O Xuíz e os touros
- Novas de onte de novembro de 1912
- Muros: Resultados das eleccións de 2019
- Pedras ilustres da capela de San Pedro
- Fonte do Faro
- Cruceiro da Capela de Santa Cruz
- As comuñóns de 1910
- Corporacións de Muros 1979-2019
- Las Ordenanzas para la Villa de Muros dadas por el Arzobispo D. Lope de Mendoza (Noticia de los primeros regidores)
Etiquetas
- Abelleira
- Abril-2013
- Abril-2014
- abril-maio-2015
- Abril-maio-2016
- Agosto-Setembro - 2013
- Agosto-Setembro-2014
- agosto-setembro-2015
- Agosto-Setembro-2016
- Agustín González López
- Alfonso Pouso
- Alianza Uhía Patiño
- Amado Barrera
- Amador Martín Armesto
- A nosa Xente
- A Nosa Xente na diáspora
- Antonio Rey
- Antón Lameiro
- Bernardo Barreiro
- Blanca Fachado Lorenzo
- Capela do Carmen
- Capela dos Remedios
- Cartas da Redacción
- Cintia París
- Colexiata de Muros
- Convento Louro
- César Lorenzo Gil
- Decembro-2013
- Decembro-2014
- Decembro-2015
- Decembro-2016
- Domingo Juan Barreiros Lago
- Dra. Castiñeira
- Elena Barrera
- Elixio Vieites
- Emilio Xosé Insua
- Esmu-Carnota
- Esteiro
- Faltriqueira
- Febreiro-2014
- Febreiro-2015
- Febreiro-2017
- febreiro-marzo-2015
- febreiro-marzo-2016
- Francisco Abeijón Núñez
- Francisco Carantoña Dubert
- Francisco Javier Mayo Veloso
- Gonzalo Brea Romaní
- Henrique Monteagudo
- Historia
- Inés Monteagudo Romero
- Isidro García Dubert
- Joaquín Caamaño
- Joaquín Vilar Gómez
- Jorge Lago de Pexejo
- José Antonio Lago Lestón
- José Manuel Bermúdez
- José Manuel Formoso Luces (Porrúa)
- José María García Rodríguez
- José Vazquez Rama
- Juan Jesús Gestal Otero
- Longarela de Louro
- Louro
- Luciano Piñeiro González
- Luis Villar
- Maio-2013
- Maio-2014
- Manolo de Lajo
- Manuela Lado Lestón
- Manuela Tajes
- Manuel da Roura
- Manuel Lago Alvarez
- Manuel M. Caamaño
- Manuel María Pena Silva
- Marcelino García Lariño
- Maria Nieves Formoso Vidal
- Marisé Luces Tajes
- Marzo-2013
- Marzo-2014
- Marzo-2015
- María Luz Pérez Quintela
- Muros
- Música
- Novembro-2013
- Novembro-2014
- Novembro-2016
- Octubre-2014
- Octubre-2016
- Octubre-novembro-2015
- O Rumial do Campo das Cortes
- Outubro-2013
- Outubro-2014
- Pablo Andrade
- Pedro Caamaño Lago
- Pozo do Cachón
- Quín Muros-Negreira
- Ramón de Artaza Malvarez
- Ramón Martínez Caamaño
- Ramón Siaba Vara
- Revista TMT
- Ricardo Castillo
- Rioderradeiro
- Santiago Llovo Taboada
- Serres
- Setembro-2013
- Tal
- The Muros Times
- TMT
- Torea
- Videos
- Xaneiro-2014
- Xaneiro-2015
- Xaneiro-2017
- Xokas Figueiras
- Xullo-2013
- Xullo-2014
- Xuño-2013
- Xuño-2014
- xuño-2015
- Xuño-Xullo-2016
-
Únete a otros 54 suscriptores
Arquivos
Estatísticas do blog
- 177.596 visitas
Comunidade