Carta da Redacción: XANEIRO—2014

TMT Nº 9 – XANEIRO—2014
Carta da Redacción:

Picture1Neste número de xaneiro-2014, faltounos espazo para publicar moitos mais artigos dos colaboradores de TMT, pero como tempo hai, nos vindeiros meses iremos dándolle saída a un bo lote de interesantes temas, que de seguro que gustaran a todos os nosos lectores.
E xa postos en xaneiro, estamos en tempo de reises; en tempo de escribir a carta os reis, pero nós, que xa somos un pouco grandiños, non o vamos a facer, aínda que ganas non nos faltaron, pero o que podiamos pedir, creemos que xa está concedido. TMT volve ás bibliotecas dos Colexios e Institutos, grazas o denodado esforzo da colaboradora María Nieves Formoso Vidal. Grazas a ela, e a súa porfía, TMT está xa a disposición de escolares e mestres, como tamén está a disposición de todos, na biblioteca municipal de Muros, un tomo composto de mais de duascentas fotocopias en tamaño A3, de xornais muradáns de principios do século anterior, que TMT regalou o Concello de Muros co propósito de que a súa presenza na biblioteca sirva para que poda ser consultado por cantos queiran profundizar na nosa historia recente.
O fío do anterior, e falando da biblioteca, e de resaltar que son moitos os autores muradáns que teñen publicadas obras, e son tamén moi moitas as obras publicadas, que dunha ou outra maneira fan referencia a Muros, por elo non sería mala idea que a nosa biblioteca municipal contase con espazo que aglutinase estes traballos. O labor non e moi complicado, xa que a biblioteca da Universidade de Santiago conta entre os seus fondos coa práctica totalidade dos libros publicados por muradanos, ou que fan referencia a Muros.
E así, mes a mes, TMT síntese orgullo de pór na rede, a disposición de todos, a súa revista cultural, e o fai coa ilusión que da sentir que esta iniciativa cultural e amplamente respaldada por propios e alleos. Namentres forzas teñamos seguiremos adiante. O noso facer non será como unha cantiga perdida na vento. Lembrando o cantar… (Brila no ceo unha estrela, para iluminar o camiño…), a nós tamén non guía unha grande estrela: o noso pobo e a nosa xente ¡¡¡.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cartas da Redacción y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s