Por necesidades de espacio, neste número de Novembro, non se publica a carta da redacción no seu lugar habitual. Pola aquí, donde deberá ir a referencia o colaborador, e puramente circunstancial, e as circunstancias son as que son…
Como moi ben saben os nosos lectores (que dito sea, pasan de 5000 o mes), The Muros Times e unha oferta cultural adicada a Muros, porque Muros nunca contou cunha revista cultural, e porque o necesitaba, nace e crece TMT, que só busca pór en valor, a historia, o arte, a cultura e os costumes das terras muradanas, e na que teñen cabida todas-las persoas que queiran colaborar nestes fins. TMT e plural, e por selo está por enriba do ben e do mal. Ninguén poderá acusar nunca a TMT de andar polos de aquí ou polos de alá.
Que TMT ten unha acollida moito mais alá das terras muradás e un feito certo e contrastable. Si alguén tuvo ocasión de ver a quen pertenecen moitos dos cerca de 800 “me gusta”, que ten a páxina de TMT no Facebook, comprobaría que un bo número deles son de xente que non e muradana. Iso honra aos muradans, que ven unha vez máis (e foron moitas o longo da súa historia), como as cousas de Muros interesan e gustan. Fumos e somos un referente cultural, do que moitos alleos queren aprender.
Que a revista TMT tivese presencia nas nosas bibliotecas, colexios e institutos, debería ser o normal, para que deste xeito, aqueles que non teñen acceso a internet, puderan consultala, e tamén para constancia dos anos que veñen… que deseguido pasan para todos e todas. Nove eran os exemplares que se imprimían en papel. Unha cantidade insignificante pero que se ve atropelada polos “recortes”. Pois quede a cousa nos “recortes”, que non sexa por outra ou outras cousas, como aquelas do libro do escritor estadounidense Ray Bradbury. (Fahrenheit 451).
E xa rematando. TMT voltará a estar a disposición de todos nas bibliotecas, colexios e institutos, tan pronto como se resolvan as impedimentas actuáis. Ó tempo¡, que todo se anda, e nós, non imos indo sós¡, que nos acompañan nesta travesía as mellores das intencions.