Loureana de corazón, esposa, nai, ama de casa, implicada en movimentos asociativos, pero tamén unha gran aficionada a fotografía, da que fai “causa de fe”, cando se trata de facer fotos do seu moi querido Louro.
Paseante empedernida, as fotos de Nieves non renuncian a amosarnos o mais bonito da natureza, cunhas cores naturais, tal como o ollo as ve. Fontes, regatos, pedras… todo e todo…. nada escapa a súa curiosidade.
Filla e irmán de homes de mar, tamén o mar e a súa pasión. Fotos da costa muradana cargadas de ceo… cargadas dun azul que se respira, que enche as almas de agarimo e saúde, son parte importante do seu facer como amante da fotografía.