Entrevista a Chente, Presidente da Asociación Cultural Faltriqueira.

Por Quin Caamaño

O Concello de Muros, de un tempo a esta parte, estase a converter no “centro neurálxico” do folclore popular da comarca. No último cuarto de século, vimos xurdir no noso concello grupos adicados a recoller, investigar e divulgar o noso folclore. Imagen41Esteiro, Louro, Serres e a propia Vila contan con un ou varios grupos. Nesta ocasión teño o gusto de falar con Vicente Brea Soto, popularmente coñecido por Chente, presidente e alma mater da Asociación Cultural Faltriqueira.

-Quin. Dime Chente como empezou Faltriqueira?

-Chente. Primeiro creouse en Baño unha Asociación de cultura, deporte e ocio alá polo ano 1998.

-Quin. Cultura, deporte e ocio. Tocades todos os paus?

-Chente. Si, veuse a necesidade de crear algo para que os rapaces e rapazas puideran ter a oportunidade de realizar algunha actividade., e coa creación da agrupación intentouse que calquera tipo de actividade tivera cabida .

-Quin. Cales foron as primeiras actividades?Imagen42

-Chente. No ano 1998 empezouse co fútbol, hoquei e baloncesto, dous anos mais tarde, no 2000, comezaron as clases de baile e gaita. O deporte foi perdendo pulo e quedou o grupo de baile ata o ano 2004 que por diversas circunstancias dividiuse en dous: Galanía e Faltriqueira.

-Quin. Por que esa división?

-Chente. Diferencias entre os socios fixeron que o grupo quedara dividido. Galanía sígueu funcionando e Faltriqueira quedou sen actividade.

-Quin. Cando e como rexurdiu Faltriqueira?

-Chente. Pois no ano 2008, falei co finado de Manolo Siaba e entre os dous pensamos que Faltriqueira tiña que retomar a actividade, e aproveitamos que no Centro Social de Muros había xente de Torea e de Muros que asistía a clases de pandeireta. Falamos con eles e así empezamos. Seríamos 15 ou 16 os que nos cobixamos baixo a Agrupación Faltriqueira.

– Quin. Disme que erades 12 ou 15 pero agora sodes moitos.

-Chente. Si, pouco a pouco foi chegando xente nova, e agora debemos ser uns 60.

-Quin. Como se chegou a xuntar a tantos membros no grupo?

-Chente. O comezo foi co grupo de pandeiretas   do Centro Social pero pensamos que non podíamos quedarnos só en iso. O grupo necesitaba rexuvenecerse e nos mesmos invitamos aos nosos fillos a que formaran parte do grupo. Vendo que xa o grupo ía tomando forma, pensamos eImagen43 impartir clases de baile e gaita.

Quin. Si pero había que atopar un profesor?

Chente. O profesor era o que mais nos preocupaba pero aproveitamos que Pablo Seoane dirixía a Ximiela en Louro e falamos con el.

-Quin. Pablo Seoane era una persoa de valía contrastada dentro do folclore galego. Aceptou a vosa proposta?

-Chente. Si, chegamos a un acordo nada mais falar con el.

-Quin. Como foi a chegada do novo profesor?.

-Chente. Moi boa . Empezamos coa gaita e a percusión. Con Pablo as cousas parecen mais sinxelas.

-Quin. Como foron as primeiras actuacións?

-Chente. A nosa primeira actuación foi no Centro Social de Muros e logo chamounos Ximiela para actuar en Louro no seu Festival de verán. E a partires de aí empezamos facendo pasarrúas polas festas de Carnota, Muros, Serres, Torea, Esteiro…..

-Quin. Supoño que participariades en moitos festivais?

-Chente. Si, actuamos nos de Santa Comba, Cee, Carnota, Esteiro… A parte, organizamos por primeira vez o ano pasado o Festival Benéfico de Cáritas na Antiga Fábrica del Sel.

-Quin. Ides seguir organizando o Festival de Cáritas?

-Chente. Si, mentres Cáritas o necesite, nós estaremos aí.

-Quin. Para cando o segundo festival?

-Chente. Para o 6 de Xaneiro, día de Reis.

-Quin. Eu asistín a dous festivais organizados por Faltriqueira en Torea. Como xurdiu esa idea?

-Chente. Ocorréuseme que como dábamos clase en Torea sería bo organizar alí un Festival. E como resultou ben e tivo tan boa acollida pola xente de Torea, este ano 2013 volvemos a organizalo alá polo mes de Xullo e pensamos darlle continuidade no tempo. Polo menos mentres eu sexa presidente, no mes de Xullo, Torea terá o seu festival de folclore popular galego. Agradecer os grupos que temos no concello e tamén o de Carnota que sempre están prestos para acudir cando os chamamos, a Torea neste caso.

-Quin. Un grupo de gaita e baile necesita ter un presuposto para instrumentos e vestiario. Como vos financiades?

-Chente. Autofinanciámonos con una cota mensual de 12 € , mais con outras achegas do Concello de Muros , da Deputación e outra pequena axuda de La Caixa. Así mesmo temos ingresos polos distintos pasa-rúas e actuacións do Orfeón Ría de Muros .

-Quin. Entón o Orfeón depende da A. C. Faltriqueira?

-Chente. Si, no 2011 decidimos organizar o Orfeón, dada as boas voces masculinas coas que contamos en Muros.

-Quin. Tamén me consta que a Faltriqueira non lle fai falta moito para que se preste a actuar desinteresadamente en acontecementos sociais no pobo.

-Chente. Estamos disposto a colaborar desinteresadamente en todos os actos que entendamos necesario. Por mencionar algún, actuamos no recibimento popular que a Vila de Muros lle fixo a Alfonso Rey trala súa liberación do secuestro que sufriu en Somalia, tamén actuamos na presentación da Revista dixital The Muros Times, nas actividades da Asociación SORUM, nos festivais de fin de curso do Colexio de Valdexería e outros.

Foi un pracer falar con Chente, una persoa con inquietudes que ademais de adicarse o duro traballo do mar, saca tempo para ensaiar a gaita con Faltriqueira e asistir os ensaios da coral D. Diego de Muros e do Orfeón Muradán. Sempre disposto a botar una man en todo aquelo que redunde en beneficio da cultura popular do noso concello.

Gracias a Chente e a toda a xente de Faltriqueira.

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Entrevistas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s