p/Jorge Lago de Pexejo
O entrevistado de hoxe é José F. Maio, outro produto máis da dispersión muradana. Sen nacer en Muros é e quere ser muradano e especialmente da Abelleira o seu pobo por parte maternae paterna.
J.L._José, cóntanos algo dos teus antepasados e como foron parar ao principado.
José.- Pos a historia ven de lonxe. Aló po los finales do século XIX, meu bisavó por parte de miña nai, Antonio de Chinote que era de Bornalle, da casa de Xan Pequeno , emigrou a Arxentina, alá casou con unha asturiana, tiveron catro fillas pero a sua dona enfermou de tuberculosis, así que voltaron a España , alá polo ano 8 do século XX , estiveron en Asturias , aquí quedou unha das fillas na casa con dous tios solteiros irmáns de miña bisavoa. O resto da familia ficou na Pontenova. Alí morreu a asturiana, e sua filla mais nova, Angelina (miña avoa) casou co seu curmán Antonio a que tamén chamaron Chinote. Miña nai é a segunda filla deste matrimonio. Cando terminou a guerra civil, aquela irmán de miña avoa que quedara en Asturias na casa dos tios , ven a Abelleria coa intención traer de volta unha sobriña con ela , asi foy como miña nai ven a Asturias.
J.L_ Nacido en Asturias, ¿Que che fixo volver a vista cara a Galicia ou polo menos á terra dos teus antepasados, foi a unha temperá idade, ou posteriormente cando xa eras consciente de onde procedías?
José._ Pois… penso que nunca deixei de voltar a vista cara a Galicia, nacín unha notie do Samain mirando cara alá e asi sigo. E doado de entender. A tía que trouxo a miña nai a Asturias chamábanlle Macelina la gallega; miña nai que en Abelleira e Maruja de Chinote e aquí Maruja la gallega, tardou en voltar a primeira vez uns 8 anos pero nunha de aquelas voltas coñeceu a meu pai que era do Vilar, da casa da Nea, foi marino mercante… asi que a nosa familia non era coma as familias dos nosos veciños… ninguen tiña seu pai no mar, nos tiñamos un ritmo diferente recordábase cando era o Carmen de Abelleira , cando era San Esteban.. vamos que Asturias chegaba hasta a porta da casa, dentro había moito de Galicia. Por outra parte había moito contacto cos familiares, que visto o visto todos estaban en Galicia.
Pero a primeira vez que fun consciente de que Abelleira, Galicia existía foi cando tiven 4 años e medio que fun alá por primeira vez e curiosamente teño recordos e non poucos..
J.L.- Pois cóntanos algo das túas andanzas xuvenís alá pola Abelleira.
José._ Pois non creas, a cousa e complicada porque estariamos a falar toda unha tarde do tema. Como dixen fun a Abelleria, a primerira vez con catro anos, as siguentes fun en anos alternos, pero asi que tiven nove o dez, pasaba alí todo o verán, pero todo e desde os primeiros de xuno ata os derradeiros de setembro, asi que estaba nos primeiros anos de Bachiller, si cadraba xa non esperaba por miña nai ou por meu irman, xa iba eu diante, ibanme a buscar a Santiago ou xa collía o castromil e para casa de Chinote. Asi vivín e crecín , en parte en Abelleira, fixen o que facian todos os rapaces de aquela, pero titiña a sorte que mentras que eles tiñan que axudar na casa, eu tiña o tempo libre…Disfrutei como ninguén da praia de Mondelo, estiven a mollo horas e horas, fun a pescar con uns e con outros, sobre todo con meu curman Tajes, fun a leña, a roubar peras do Couto, jejeje, as festas non quedaba unha, alá ibamos todos , andando, na furgoneta de meu tio Tucho, na ranchera aquela que tiña Rañoa, como cadrara…Una vez fomos a Madalena de Louro e fomos a praia de San Francisco pola manán, formos mozos e mozas, os dias anteriores foran a pescar e as mozas encargáronse de amañalo e cocelo, cando chegou a hora de xantar fixeramos dos grupos mozos e mozas, e repatiron o menú: entre outras cousas cada un o seu lombrigante.. había madileños por alí mirando que no creían o que vían…e pregutaron de donde atoparamos aquello. – no mare, señore, no mare..
J.L._ E a tua vida en Asturias lla dedicaches á vida profesional, mestre por 37 anos.
José._ Pois así foi, Fun un mestre vocacional, disfrutei, loitei, botei fume algunha que otra vez e traballei como penso que debía facer. Estiven en una aldeiña de Villaviciosa , a terra da sidra, no pobo donde eu nacín, nunha escoliña donde estudiei de pequeño, en Cuidillero, un pobo mariñeiro e tambien en Xixón, done estiven por moitísmo tempo. Participei en proxetos innovadores en educación, e durante moito tempo traballei en relación coa Educación Especial. Finei a miña vida docente no Colegio “Asturias” (jejeje) no que tamén fun xefe de estudios por 12 anos. Gardo centos de recordos entrañables. Agora esta etapa cerrouse….
JL._ Unha etapa que se pechou, pero abríronse outras non cabe dúbida.
José._ Supoñíase que se abría unha etapa de lecer, con moito tempo libre pero que non é asi… a min o tempo non me dá para nada. Non digo que non se faghan as cousas mas amodiño pero… un dos obxetivos prioritaros habia de ser ter tempo pra ir a Abelleira canto quixera, pois estamos nas mesma. A verdá e que sempre dediquei o tempo que podía a cultura tradicional e a investigación folclorica , bailei de novo en grupos de baile, fundarmos un que se chamaba “La Traina” pero no ano 2000 fundouse en Xixón unha compañía de teatro asturiano chamada “Rosario Trabanco” en un momento determinado enroleime con eles e formo parte la plantilla estable de actores, lévase repertorio con moitas obras, fanse moitas acatuacións e eso rouba moitísimo tempo, disfrútase, pásalo moi ben, vaise a moitos sitios, conoces xente… Pero claro tocar e ir a procesión non o fai máis que o ghaiteriro….
J.L._ Folclorista e actor. Dinos algo sobre qué tipo de teatro fas.
José._ Pois a miña etapa folcloreira conmezou alá canto tiña dezasete ou dezaoito anos, despois de un pequeno parón retomeino alá polos trinta e dirixín un grupo que fundáramos no pobo donde nacín eu, donde vive miña nai e donde naceu a miña bisavoa asturiana. O grupo chamouse “La Traina” facía referencia a unha festa de cando se pescaban salmons no río Nalón con redes de traiña…daquella investigamos moito en bailes e cantos da zona centro e occidental de Asturias, coñecín a moitos informantes que hoxe xa son historia. En algúns lugares da zona entre os ríos Nalón e Navia están asentados “os vaqueiros”, xentes con peculiaridades diferentes a o resto dos asturianos e que teñen apellidos característicos entre eles “Mayo” e teño que recoñecer que alghunha vez deron por certo que tiña orixen vaqueio que non fixen nada por aclaralo, (Sempre penso que os nosos “Mayo” debe de ser “Maio”)…
O teatro foi posterior. No ano 2000 fundouse en Xixón unha compañía que levou o nome de unha actriz de moitísimo recoñecemeto en Asturias, Rosario Trabanco. Ela levou o teatro asturiano durante toda a posguerra a todos os rincons de Asturias. Como fixo ela nós tamén facemos as representación en asturiano. Eu formo parte do elenco estable da compañía, temos repertorio e decir que non levamos unha obra e xa está, nos levamos un varias obras largas (90 mintutos) xeneralmente tres, dispois levamos outras sete ou oito de 50 ou 60 mintutos e dispois unha chea de sainetes (Obras cortiñas de 10 a 20 minutos mais ou menos)
J.L._ Ti e máis eu somos case da mesma idade e en certo modo vexo en ti a mesma metamorfose que eu estou a experimentar: Cada vez volvémonos máis muradáns. no meu caso será porque a distancia é máis tanxible, no teu, donde a distancia no é de moita relevancia, vexo que cada vez estás máis involucrado nas páxinas e grupos que teñen que ver con Muros. ¿A que cres que se debe tal transformación, son os medios que son propicios ou ti pódelo explicar de outra maneira?
José._Si por nacer e vivir a maior parte da vida en Asturias se fora asturiano eu seríao, pero non é así. Miña nai , é da Abelleira de Maruja de Chinote, en Asturias e Maruja la Gallega, polo tanto nos somos e seremos sempre recoñecidos como galegos, somos galegos. Unha das cousas que ten Asturias , ti eres o que sexas, nin impone nin obliga. Certo e que estamos feitos de unha pasta diferente os asturianos , eles donde vaian, levan a su terra con eles, xa faghan xuntaza dos ou douscentos , ali está Astuiras. Nos inda que sexamos douscentos mil habemos de estar todos mirando a Galiza, como os musulmanes a Meca.
Non digo que no teña influencias asturianas… una d’ellas , eso de llevar o terruño contigo foi algo que intentamos no posible…Pola ventana do vertedeiro na casa de miña nai en Asturias vese un cabeceiro pequeno de pedra que trouxemos dalá, pola nosa casa temos pinturas, obxetos unha chea de cousas de Galicia… non da resultado , Galicia non está aquí..
Eu síntome de Abelleria, por lo que vivín allí, por ser unha etapa de vida que todo son descubrimentos e coñecer cousas , polo querido que me sentín pola miña familia e por toda a xente que a fin de contas…uns por familia e otruos por cercanía…eu estaba alí no ceo.
O certo e que chegas a un momento da vida que tes mais tempo ou polo menos non vas tan apurado, os fillos xa creceron, tes mais traquilidade e tes tempo a revivir e recordar—e como sempre a vista volta a Galicia.
As novas tecnoloxias supoñen unha vía para canalizar os sentimentos dos que estamos fora. Descubrir páxinas que teñen que ver con Muros foi un gran momento, Atoparme con” I love Muros”, que foi a primeira , supuxo un acercamento total, entérome do que acontece , leo opinións e información sobre cousas moi interesantes actuales ou históricas , descubro persosas con moitisimos coñecimentos e que teñen moito que decir e deles aprendo, tamén supón o reencontro con xente que facia tempo que no veía.
Ah! que xa me quedaba de lado, dis ti: “segues sendo galego e muradán dun xeito que non deixa de admirarme.” Non é cousa de admirar , pode admirarse o esforzo , o valor …. En min non hai nada de eso, só necesidade de sentir que fun, son e serei da terra dos meus pais.
J.L._ Qúedome co presentimento de que teriamos que ter falado un pouco máis extensamente do teu labor teatral, da túa paixón, pero alégrame ter divagado e coñecer máis facetas túas.
Todo a entrevista transcorreu dun xeito espontáneo e máis que entrevista foi unha amena conversación cun Muradano con maiúsculas, un muradano ao que inevitablemente lle zumega o asturianismo en cada palabra e expresión, pero que ao final reclama un legado do que non se quer desprender.
Volvendo a o teatro e xa para ir concluindo. Vos facedes representacións o largo e ancho de Asturias e tamén fora dela. Gustaríache se fose posible que o teu elenco actuara algún día en Muros?
José._ Para min foi unha delicia ter esta conversa, estouche moi agradecido a ti e a todos os que facedes que nos sintamos mais preto de Muros, ben sexa por medio da revista ou por medio do Facebook etc. Non se imaxinan os que están dentro o que agradecemos os que estamos fora este esforzo que facedes
Pois si, facemos representacións por toda Asturias, en ocasións saimos fora, a centros asturianos ou similares, estivemos pola zona do Mediterraneo , León, Valladolid, Madrid. En Galicia estivemos duas ou tres veces en Cervo (Lugo). En unha ocasión estivemos a piques de viaxar a Chile e Arxentina pero d’aquela foise todo o garete co tema da gripe A
Si temos en conta que o teatro e a miña paixón e que Muros é o telón de fondo na miña vida tal como se ve dende a praia de Mondelo, actuar en Muros sería …un soño, e non sei si toda a compañía con unha obra larga, ou catro ou cinco actores con varias obras mais pequeñas, penso que pódese facer sen dúbida.
J.L._ Ben, pois xa finalizando e como de costume, che deixo o cuestionario de Bernard Pivot onde aínda ningún entrevistado deu a mesma resposta, polo tanto e como diría o propio Pivot: Vive La Différence! E pola miña parte, apertas e vémonos en Muros.
1. J.L_ Cál é a túa palabra favorita?
José._ Amizade
2. J.L._ Cál é a menos favorita?
José._ Medo
3. J.L._ Qué te emociona?
José._ Moitas cousas. As veces un sorriso, unha ollada, un paisaxe, un texto…
4. J.L._ Qué son ou ruído che gusta?
José._ Moitas músicas, escoitar falar con seseo e gheada cando non o esperas
5. J.L._ Qué son ou ruído detestas?
José._ Escoitar a xente berrar ou chorar
6. J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?
José._ O que máis repito e: Coñoooo!!!!
7. J.L._ Qué profesión ademáis da que exerces che gustaría facer?
José._ O mundo da radio pareceme moi máxico e interesante
8. J.L._ Qué profesión non desexarías facer?
José._ Calquera que teña relación direta coa morte
9. J.L._ Se o ceo existe, Qué te gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?
José._ Tes unha morea deles esperándote
José._ Graciñas , uha aperta e verémonos, si é en Muros millor
Buscador interno
Fotografías
Categorias
-
Entradas recentes
- O OFICIO DE SANCRISTÁN EN MUROS
- A voz dos nosos poetas
- MÁIS DE OITO SETAS COMESTIBLES
- FRIAXE GLACIAL
- DATOS DE INTERES
- A voz dos nosos poetas
- Dúbidas do Galego: Lívido e libido
- Iglesia de Santa María do Campo (II)
- Curiosidades muradanas Mariñeiro agredido con un bastón, no ano 1754
- A prensa de 1960: Toma de posesión da Alcaldía de Muros do Dr. D. Fernando Rey Hermida e homenaxe ao anterior alcalde, Don José María Monteagudo Romaní”
- Publicidade muradana de 1961
- O Xuíz e os touros
- Novas de onte de novembro de 1912
- Muros: Resultados das eleccións de 2019
- Pedras ilustres da capela de San Pedro
- Fonte do Faro
- Cruceiro da Capela de Santa Cruz
- As comuñóns de 1910
- Corporacións de Muros 1979-2019
- Las Ordenanzas para la Villa de Muros dadas por el Arzobispo D. Lope de Mendoza (Noticia de los primeros regidores)
Etiquetas
- Abelleira
- Abril-2013
- Abril-2014
- abril-maio-2015
- Abril-maio-2016
- Agosto-Setembro - 2013
- Agosto-Setembro-2014
- agosto-setembro-2015
- Agosto-Setembro-2016
- Agustín González López
- Alfonso Pouso
- Alianza Uhía Patiño
- Amado Barrera
- Amador Martín Armesto
- A nosa Xente
- A Nosa Xente na diáspora
- Antonio Rey
- Antón Lameiro
- Bernardo Barreiro
- Blanca Fachado Lorenzo
- Capela do Carmen
- Capela dos Remedios
- Cartas da Redacción
- Cintia París
- Colexiata de Muros
- Convento Louro
- César Lorenzo Gil
- Decembro-2013
- Decembro-2014
- Decembro-2015
- Decembro-2016
- Domingo Juan Barreiros Lago
- Dra. Castiñeira
- Elena Barrera
- Elixio Vieites
- Emilio Xosé Insua
- Esmu-Carnota
- Esteiro
- Faltriqueira
- Febreiro-2014
- Febreiro-2015
- Febreiro-2017
- febreiro-marzo-2015
- febreiro-marzo-2016
- Francisco Abeijón Núñez
- Francisco Carantoña Dubert
- Francisco Javier Mayo Veloso
- Gonzalo Brea Romaní
- Henrique Monteagudo
- Historia
- Inés Monteagudo Romero
- Isidro García Dubert
- Joaquín Caamaño
- Joaquín Vilar Gómez
- Jorge Lago de Pexejo
- José Antonio Lago Lestón
- José Manuel Bermúdez
- José Manuel Formoso Luces (Porrúa)
- José María García Rodríguez
- José Vazquez Rama
- Juan Jesús Gestal Otero
- Longarela de Louro
- Louro
- Luciano Piñeiro González
- Luis Villar
- Maio-2013
- Maio-2014
- Manolo de Lajo
- Manuela Lado Lestón
- Manuela Tajes
- Manuel da Roura
- Manuel Lago Alvarez
- Manuel M. Caamaño
- Manuel María Pena Silva
- Marcelino García Lariño
- Maria Nieves Formoso Vidal
- Marisé Luces Tajes
- Marzo-2013
- Marzo-2014
- Marzo-2015
- María Luz Pérez Quintela
- Muros
- Música
- Novembro-2013
- Novembro-2014
- Novembro-2016
- Octubre-2014
- Octubre-2016
- Octubre-novembro-2015
- O Rumial do Campo das Cortes
- Outubro-2013
- Outubro-2014
- Pablo Andrade
- Pedro Caamaño Lago
- Pozo do Cachón
- Quín Muros-Negreira
- Ramón de Artaza Malvarez
- Ramón Martínez Caamaño
- Ramón Siaba Vara
- Revista TMT
- Ricardo Castillo
- Rioderradeiro
- Santiago Llovo Taboada
- Serres
- Setembro-2013
- Tal
- The Muros Times
- TMT
- Torea
- Videos
- Xaneiro-2014
- Xaneiro-2015
- Xaneiro-2017
- Xokas Figueiras
- Xullo-2013
- Xullo-2014
- Xuño-2013
- Xuño-2014
- xuño-2015
- Xuño-Xullo-2016
-
Únete a otros 54 suscriptores
Arquivos
Estatísticas do blog
- 181.120 visitas
Comunidade