Homenaxe a unha Sobreira

p/ Amado Barrera.

Centenaria sobreira,Imagen3

qué vergoña ser home,

ser persoa qué noxo,

xa que de home foron

os ollos que che viron mesa,

os cartos que che mercaron,

as mans que che foron feras,

a pólvora cá que che voaron…

QUE NON VIRON AS TÚAS FOLLAS,

CEGOS ERAN,

NON DURMIRON Á TÚA SOMBRA,

PARVOS ERAN,

NIN SOÑARON COAS TÚAS POMBAS,

SOBREIRA…

Centenaria sobreira,

xa non terás máis niños,

xa non darás máis landras,

xa non cairán máis follas

ó chan dende as túas polas,

e arredor do teu cepo,

no lugar onde te alzabas,

xa non haberá o mesmo chan,

nin correrá o paspallás,

nin o moucho collerá

ratos dende o teu lar.

Agora no teu toro

dun rico té-lo xantar.

As túas polas, fortes brazos,

patas dunha mesa son.

QUE NON TOCARON AS CASCOIRAS,

TOLOS ERAN,

NEN SENTIRON A TÚA ALMA,

XELOS ERAN.

QUE NON VIRON UNHA ARBRE ENRIBA,

SOBREIRA…

Centenaria sobreira,

amiga árbore, da cobiza derrubada:

que a túa morte non sexa vana

nós queremos,

queremos que sexa fértil

e prometemos

moitas veces renascerte,

duascentas veces prantarte,

para que a túa enxebre alma

atope sosego e volva

E MEDRE MULTIPLICADA

DUASCENTAS VECES ENRIBA,

DOUSCENTOS ANOS ALZADA,

XA NUNCA MÁIS ABATIDA,

XA NUNCA MÁIS DERRUBADA

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas, Natureza y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s