p/ Pedro Caamaño Lago
A época sobre a que escribo e inesquecible para os que nos criamos na posguerra. En asa época tan oscura e pobre; a maioría dos rapaces empezamos a ver aparecer algunha luz pola fiestra que nos parecía que nunca se ía abrir. Esa luz que che alerta para loitar con algunha posibilidade de futuro.
Naqueles tempos, si pensabas un pouco, dábaste conta que da forma que se estaba a desenrolar o noso entorno, aínda que con algunha luz, non se podía formar un futuro mais ou menos digno. Salvo o de emigrar. De feito hoxe parece que esta pasando algo parecido, porque a xuventude tamén tende a deixarnos, buscando en outros lugares un posto de traballo con garantía, xa que aquí non hai quen o garanta, “hai traballo sí”, pero cartos poucos. Parece que o mecanismo que algún día levou a Muros a ser un dos portos mais importantes de Galicia, quedou durmido e non hai quen sexa capaz de abrirlle esa pequena fiestra ca luz adecuada para que volva a funcionar.
Por iso os que non sabiamos facer outra cousa mais que pescar, tivemos que emigrar para conseguir capital para investir e defendelo por ti mesmo, xa que daquela o pouco que había vendíano ben caro. Así que optamos pola emigración, uns conseguiron ó que pretendían e outros non, uns foron cunha idea e acadaron outra. Como acontecerá sempre.
De feito os que hoxe aguantan a pesca, e os que daquela mobilizaron os bancos, foron algún día emigrantes, salvo algunha que outra excepción, que si non salia a fora, dunha forma ou de outra tamén se beneficiou, coma os bancos, os contratistas de obras, os almacéns de construción, e en definitiva todo o sistema administrativo, todos embaucados no panal da “rica mel”. Polo menos non pasaron as inclemencias da emigración.
Por iso para min que nacín pescando, fáiseme moi grato recordar os tempos nos que disfrutaba axudando a miña familia, a remontar a barreira da pobreza na que Muros estaba inmersa, como dixen antes, polas circunstancias da pos guerra. Hasta que cumprín o servizo militar, e coma case todos tamén saín a probar sorte.
E tamén como insinuei antes nunca souben si acertei on non, xa que gañei unhas cousas pero perdín outras que eu sempre valorei moito, como o loitar polo que a un lle gusta, no entorno familiar.
Así que sen mais dilación, intentarei o relato sobre o desenrolo da pesca, que tanto me gustaba desde a miña infancia.
Sempre desde o meu punto de vista. Direi que en una parte moi importante, directa ou indirectamente, na década dos cincuenta, en Muros íase abrindo camiño, baseándose na pesca de cordel (ou con liña),
Digo indirectamente, por que coma hoxe, había xente que compraba e vendía o peixe, exportando, limpando e empacando. E igual que hoxe tamén, esta xente era a que en realidade prosperaba, polo menos a prosperidade era mais evidente que a dos pescadores; aínda que tampouco debía estar exento de risco, xa que os prezos oscilábanlle dun día para outro e carecían de medios para reservalo para tempos mellores.
Nos veráns cando os peixes abundaban, ou os salgaban, ou os curaban o sol, recordo que estaban as murallas cheas de xurelos sardiñas pulpos e toda clase de peixes espatarrados recibindo o sol nas mellores horas do día.
.A estes intermediarios, podiámolos diferenciar dividíndoos en dous grupos, maioristas, e regateiras, podiamos denominar como maioristas, os que compraban na lonxa de Muros, e transportaban o peixe a Coruña ou a Vigo, para logo vendelo alí.
E como regateiras, as que compraban na lonxa, ou onde podían, e logo vendíano na pescadería. Algunhas delas, tamén tiñan postos na praza de Santiago.
A pescaderia estaba situada na praza hoxe denominada, pescaderia vella, os baixos daredor, onde agora hai diversos negocios, eran case todos “sotos” (baixos onde traballaban o peixe as”peixeiras.
Se facemos algo de memoria, e buscamos a orixe e o desenrolo da pescaderia vella, temos que falar primeiro da lonxa vella. A lonxa vella, e o edificio que hoxe, na parte baixa serve de almacén o concello, e na parte alta, están ás oficinas de capitanía marítima. Si ías cara a lonxa, encontrábaste co quiosco do señor Pablo, alí mercábase todo o que o pescador podía mercar daquela, que era ben pouco, ou case nada, unhas cantas tazas de viño, tabaco, e os utensilios para poder fumalo, libriños de papel, e o mellor un “isqueiro”para acendelo, Seguindo uns cantos metros mais xa, entrabas na lonxa.
De fronte, estaban as oficinas que formalizaban a compra e a venda, nas que che atendía o señor Goday ou o señor Longa, para logo pagarche no Baixo do concello.
Despois de enfocar as oficinas, xirabas un pouquiño a dereita, e alí estaba a báscula, na que se pesaban tódolos peixes, é derredor espallados por toda a lonxa, estaban as moreas de peixe, cada unha de cada embarcación, xa foran de merluzas, de ollomol, ou de outros peixes, e o lado de cada morea, había outras moreíñas pequenas, que eran dos rapaces que por seren novos e careceren de experiencia non xuntaban cos demais, hasta que esas moreíñas íanse facendo demasiado grandes con arreglo a parte correspondente a cada quiñón, e logo xa os facían xuntar.
O fondo estaba a vendeduría. A vendeduría era un cuartiño sémi cerrado onde, de fronte estaba o vendedor, e derredor sentadas en pupitres individuais estaban as compradoras e compradores, e cada un tiña un timbre adosado no apoia brazos, que apretaba cando lle petaba, pero o do timbre paréceme que non durou moito por que despois gritaban ben alto; había unha que fixo famoso o seu grito pola forma tan simpática de facelo, dicía así, “mío Josefa Lopes”, os rapaces cando queriamos facer chiste imitabámola.
O largo dese tempo fixéronlle algunhas reformas, xa que adosada a lonxa estaba a cárcere, a que rexentaba como carceleiro, o que fora carpinteiro de riveira, Juan Malvarez Vaamonde, (avó de Pepe canosa), unha das embarcacións que construíu foi o Compostelano, nos estaleiros que algún dia oubo na gardiña.
Logo fixeron a reforma que hoxe ten, e que nada ten que ver ca de antano. De esta si se acordará moita xente; déronlle mais alto con placas de cemento, e instalaron as oficinas de pago onde hoxe esta capitanía marítima.
Creo recordar que antes de chegar as escaleiras para subir á Capitanía, había un cerrado onde o vendedor por detrás dunha mesa, e as compradoras de fronte e derredor, tamén sentadas en un banco alargado, daban o seu “mio” cando lles parecía. Pero tampouco lles pareceu moi satisfactorio, por que optaron por vender en sito como fan hoxe, por que como e lóxico vían mellor o que compraban. E logo subías a parte darriba onde che pagaba José María o Asturiano.