p/Manolo de Lajo
As Lens son uns dos moitos baixos da costa muradana, sitos por ò Oeste da punta do mesmo nome na coñecida zoa do Ancoradoiro, parroquìa de Louro.
Sì nos preguntamos ¿Que hai màis alò das Lens? a resposta serìa que màis alò das Lens non hai nada, é o fìn, a porta de entrada ò outro mundo, o porto no que as almas se embarcan para a sùa viaxe ò Alén.
Habìa unha antigua lenda que contaba a historia dùn barqueiro que era o encargado de levar as almas dende as Lens a Birrullos, para alò purgar as faltas pendentes antes da ùltima viaxe ò Alén.
Contaba meu bisavò, cando nas noites frias de inverno nos sentàbamos oredor da lareira, de ter topado co barqueiro nos dìas de marixìa cando pescaban as robalizas nos baixos de Birullos, Ximiela e Meixide. Nìn para él ollaban, por medo a que tamén os levara consigo.
Non sei canto de certo terà o conto, pero a nosa terra foi durante séculos o fìn do mundo coñecido e porta de entrada do outro. Verce de moitas lendas as cales foron pasando de pais a fillos ate os nosos dìas.