Os Castros de Muros

p/ Quin Caamaño

De todos é sabido que Muros conta con importantes xacimentos arqueóloxicos. Os petroglifos da Laxe das Rodas, Cova da Bruxa e os de Naraio, son unha boa mostra. Tamén hai constancia de varias mámoas catalogadas, por exemplo unha no Imagen12curso alto do “Río do Catalán”, e dunha cista na parroquia de Abelleira, á beira da desembocadura do río Rateira. Pero pouco se ten prestado atención ou comentado entre nós, a existencia de castros.

Un castro é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por Europa entre a Idade do Bronce e a do Ferro, que subsistiu ata a Idade Media. Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste, onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana coñecéndose co nome de Cultura castrexa.

Por toda Galiza quedan mostras destes asentamentos castrexos. Castros como os de Santa Tegra, Baroña ou Vidalonga son unha boa mostra. Pero aínda que non nos decatáramos da súa existencia, Muros contou con este tipo de construccións. O paso do tempo, a forestación e a utilización das pedras para construcción de balados e cortes, foron quen de que chegáramos a descoñecer que os nosos ancestros utilizaron esas antigas construcción como as súas moradas, mesmo como fortificacións para defenderse de outras tribus. Alghún de nós aínda vive perto de restos castrexos e non o sabe.

Os Castriños Imagen13e Ventín (Louro);  Miraflores (Muros); Santa Catalina (illa de Santa Catalina-Tal); Punta Castriño (Tal de Abaixo-Tal); Rimao (Torea), son os lugares donde se documentou a existencia destes poboamentos.

Miraflores: Emprazado no medio dunha ladeira. Conserva un só recinto e parte das defensas artificiais só verificadas en parte da acrópole.

Rimao: Nun outeiro que domina a parroquia de Torea. Presenta un recinto circular defendido por un parapeito.

Santa Catalina: Castro costeiro emprazado nunha península, defendido por fortes cantís e dúas liñas de parapeitos paralelos na parte máis desprotexida.

Ventín: Situado no medio dunha ladeira. De forma alongada, presenta un só recinto defendido por dous parapeitos paralelos.

Na relación dos Castros da provincia da Coruña, faise mención os castros de Miraflores e Riomao.

Fontes: http://onosopatrimonio.blogspot.com.es

http://gl.wikipedia.org/wiki/Castros_da_provincia_da_Coru%C3%B1a

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s