Un anaco de historia

p/ Antonio Rey

(páx 48-49-50 do seu libro “Son Galego”

 Hai moito tempo, alá polo ano 1906, meu bisavó Francisco Rey Santiago mercou no lugar de Sestaio unha vaca pequena e máis duas femias cativas que non se Imagen1tiñan en pé. As puchas medraron gracias aos rezos a San Antonio de miña tataravoa Xoana, mais a vaca vella non tiña forza nin para tira-lo carro xunto a vaca parda; entón Francisco determinou levala a vender a Feira da Choupana.

Chegou o día da feira; Francisco e máis o seu fillo maior Manuel Antonio, erguéronse ben cedo.

O pai preparou a vaca e unha puchiña. Lavóullelas pernas e o traseiro. Púxolle buceira a pucha para que non mamara e asi a vaca chegara a feira coa ubre ben chea. Antes de sair da casa fregoulles o fociño e o lombo a vaca e a becerriña cun dente de allo, para escorrenta-las bruxas.

Manuel, daquela un rapaz de 13 anos, levou polas dúbidas colgado do pescozo un escapulario que mercara sua nai Antonia Vara por un patacón na Misión de Abelleira.

Sairon da casa ben cedo, recendendo a allo, e subiron ata Cornes pola corredoira da Agra. Logo beberon auga na fonte de Vistavós e despois chegaron a Virxe do Monte. Seguiron camiño pola Legua da Beba. Ao rapaz parecíalle impoñente o Monte Pindo que se erguía tras un prado de xestas, a man esquerda. Tiña escoitado que nese prado habia porcos bravos… Cruzaron un rio grande, o Xallas, e ao fin chegaron a feira.

Ali habia mulleres con cestas cheas de moletes e homes bebendo en escudelas e comendo pantrigo.Imagen2

A Manuel facíaselle auga a boca, acostumado a comer boroa. Estiveron todo o dia na feira, mais non tiveron sorte. Dous chaláns ollaron os seus animais, contaron os dentes da vaca e ofreceron: un quince duros e o outro catorce. Mais Francisco pedia vinte duros. Un chalán díxolle: “Vostede está tolo. Eu aproveito o coiro e a pucha; ningún cristián pode come-la carne desta vaca vella”

De volta da Feira coa vaca e a becerra, Francisco e Manuel volveron doidos. O pai, sen falar palabra en todo o camiño, pensaba: “Adeus a Contribución e o tabaco…”. O rapaz pensaba: “Adeus a roupa e aos zapatos”. Chegaron a San Xián cando era noite pechada e comezaban a voa-los morcegos.

En canto entraron na casa, dixo Xoana: “iAi meu fillo! eu xa cho dixen, Francisco, que chamaras ao cura para bendici-la casa, que o demo non dorme…” A miña tataravoa estaba convencida de que a casa estaba embruxada. Manuel quixo sair da miseria e marchou a América. Tivo tres tendas en Montevideo, onde morreu sen deixar fillos, sesenta anos despois desta historia.

Á memoria de meu tio avó, Manuel Antonio Rey Vara.

As outrora famosas Feiras de Romaxe, O Santo de Insua e A Choupana, no Concello de Mazaricos (Provincia de A Coruña), foron absorbidas pola Feira da Picota, que aínda se celebra na actualidade.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas, Historia y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s