By: Manolo De Lajo
Antigamente na Galicia rural e campesiña, as vacas eran todo menos zooloxía. Eran carne, traballo, leite e soporte económico do fogar. A riqueza mediase ate fai pouco segundo as vacas que tiñan nas cortes e as terras que había para labrar.
Debido a ambición de cada vez querer abarcar máis terras, o labrego da Galicia profunda (e da non tan profunda), inventou o deporte de «movelos marcos». Deporte que consistía en mover un pouco ás pedras colocadas nos cabeseiros das leiras e que servian para dividir as propiedades dos distintos veciños, sin que estes chegaran a decatarse delo. Soía facerse nas leiras máis alexadas da poboación.
Contábame miña avoa Ramona que o que move o marco dunha leira, roubándolle ós veciños, queda en débeda sagrada; ou sexa que si morre sin volver ó marco o seu sitio, non pode entrar no ceo nin no inferno, ate que repoña o marco no seu lugar orixinal. Convértese entón nunha ánima en pena e aparécese polas noites, na maioría dos casos cargando o marco e un farol.
Soe aparecérselle a algún familiar ou amigo para convencelos de que vaian a mover o marco de volta, xa que él non pode facelo. Algúns cargan a pedra ate á eternidade.
Dibuxo de Antón Lameiro