Un lugar no mundo

p/ Antonio Rey
O lugar de San Xián está nun apracible val verde. Ten todo o que ten que ter:
Unhas poucas casas ocupadas por familias que hai séculos que o habitan. Algunha aínda ten as cortes debaixo da vivenda.
Unha igrexa para batear aos nenos e un camposanto como derradeira morada para os veciños
Picture3O domingo chega o cura a dar misa (vive na Igrexa de Santo Estevo de Abelleira) e congrégase a xente doutros lugares á redonda.
As mulleres, case todas vestidas con roupa de cor negra, séntanse diante e os homes fican de pé ao final ddo templo.
Hortas sementadas con patacas, coles e millo. Non faltan as flores no verán. Moitas mulleres traballan na terra. Pódese ver con carretas e, hoxe en día, conducindo algún tractor, con panos na cabeza para se protexer das raiolas do sol.
Hórreos onde se garda o millo.
Un río pequeno, fogar das troitas, con alxabas nas súas beiras, que se pode cruzar por unha ponte para ir ao veciño lugar de Pando.
Picture1Un cruceiro onde se bifurca o camiño. A dereita para ir a Amira e Riomao. A esquerda para Figueroa, Torea, Cornes, Vistavós, e aínda mais arriba, As Paxareiras, onde se pode ver dende as alturas a bela Ría de Muros…
Antonio, ¿e porqué escribes sobre San Xián, se ti naciches en Bos Aires? Non o sei exactamente, quizais o misterio estea no meu sangue, ou na certeza de que a miña familia vive nese anaco de Galicia alomenos dende os bisavós dos meus tataravós…
Non podo esquece-lo lugar de onde proveño. San Xían é o escenario do mito das miñas orixes. Todo o meu amor a esa terriña afastada…

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas, Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s