Unha visita esperada

O pasado día 6 de decembro, un bo número de muradanos residentes en USA tivemos ocasión de recibir, saudar, e departir unhas horas coa nosa alcaldesa Caridad González Cerviño. Aínda que previamente se sabía que a súa visita a NY ia ser de carácter privado, moitos foron os muradanos que a través das redes sociais intercambiaron mensaxes nos que pedían que alguén se encargase de organizar un acto de benvida e confraternización, pois ia a ser a primeira vez que un alcalde muradano visitaba EE.UU., e pese o privado da visita, por encima da persoa está o cargo.
Picture12O membro do comité da glosa de Casa Galicia, o lourean Tono Beiro, Ramón Rodríguez e o membro da directiva Manolo Mayo xunto coa secretaria Noelia Siaba, foron os encargados de organizalo todo e non defraudaron a ninguén. A Casa Galicia luciu ese día as súas mellores galas para recibir a nosa alcaldesa.
Os actos deron comezo ás 19,30h, con unha recepción na que Caridad saudou a todos e cada un dos presentes, alegrándose de ver os seus veciños e amigos. Logo dunha cea de irmandade, que foi elaborada polos cociñeiros da Casa Galicia, chegou o momento dos discursos.
Picture13O primeiro en intervir foi o vocal-directivo Manolo Mayo seguido de Tono Beiro e o presidente da institución Don Marcos Roel, quen dixo que: «Casa Galicia ten hoxe a honra de deixar de ser por un día Casa Galicia para converterse na casa de Muros», e manifestando a ledicia de que os muradáns recibiran por primeira vez a súa alcaldesa, e facendo votos para que a visita volva a repetirse.
O alcalde da cidade veciña de Newark, o honorable Luis Quintana ofreceu de man do seu representante no acto, Manuel Lago Romero, a Dona Caridad González unha proclamación de amizade e recoñecemento entre esa cidade do estado de New Jersey e o Concello de Muros.
Picture14A Alcaldesa na súa intervención agradeceu o recibimento dando as grazas e considerando unha honra o poder estar rodeada polos seus veciños e veciñas na diáspora, repartindo palabras de agarimo para os alí presentes e para toda a diáspora muradana. Tamén se refireu á raiña da Casa Galicia, a muradana Cyndy Rodríguez, a quen felicitou pola súa traxectoria. Logo, a alcaldesa muradana e a Casa Galicia intercambiaron regalos facendo votos para que esta xuntanza volvera a repetirse, e entre discursos e bos desexos, tampouco se desperdiciou a oportunidade de presentarlle a Dona Caridad de mans de Jorge Lago de Pexejo e Manolo de Lajo unha copia impresa da revista dixital The Muros Times como a primeira do seu xénero na historia do noso pobo, xa que une a Muros coa súa xente na diáspora.
Como fin de festa o Grupo de Gaitas Nosa Terra e Danzas Lembranzas Galegas da Casa Galicia deleitou a todos os presentes co seu mellor facer, interpretando pezas da Terra, que levantaron os aplausos de todos.
A noite proseguiu amenizada por música bailable onde todos os presentes aproveitamos a oportunidade de abrazar vellos amigos, crear novas amizades e seguir celebrando o xuntanza ata altas horas da madrugada. Só queda dicir que Muros na diáspora soubo unha vez máis evidenciar que onde pisamos deixamos marca.

Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente na diáspora, Cousas que interesan y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario