A Nosa Xente: Xosé Manuel Olveira Gallardo “Pico”

Picture5Xosé Manuel Olveira «Pico» Gallardo, naceu en Esteiro, Muros o 7 de setembro de 1955 e finou en Santiago de Compostela o 13 de xuño de 2013.
Logo dunhas primeiras experiencias teatrais cos seus amigos esteiráns, e unha vez que marchou para estudiar a Santiago, comezou a traballar en 1972 na compañía de teatro afeccionado Ditea, da man do inesquecible Agustín Magán onde permaneceu ata 1984. Ao ano seguinte, en 1985 comezou a súa colaboración co Centro Dramático Galego, co que chegou a participar en moitas das súas producións dos anos oitenta e noventa. Entre os seus últimos espectáculos figuraron Aeroplanos, da compañía Lagarta Lagarta, xunto a Ernesto Chao e baixo a dirección de Rosa Álvarez, ou O florido pénsil (2011).

Pico foi un actor total no mundo audiovisual, que fixo unha importante carreira teatral simultaneada dende os inicios con aparicións en practicamente todos os proxectos cinematográficos que se desenrolaron en Galicia dende os anos setenta. E coa aparición da TVG convertiríase nunha das caras máis recoñecidas do audiovisual galego. Porén fíxose sobre todo coñecido para o gran público galego polas súas intervencións en series de moita audiencia coma Mareas vivas onde interpretaba o crego don Amancio, Pratos combinados, onde encarnaba o avogado Pedro Barreiro, ou en Padre Casares, onde exercía o papel de bispo.
En cine cabe salientar os seus inicios co inesquecible director Chano Piñeiro. E as súas colaboracións en títulos tan importantes coma Mar adentro (2004) ou Os xirasois cegos (2004), así coma noutras producións galegas de éxito coma Blanca Madison (1998), A vida que che espera (2004), O ano da carracha (2004) ou Máis ca irmáns (2005).
Entre 2009 e 2011 foi o presidente da Academia Galega do Audiovisual.
Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor interpretación masculina de reparto por Os mortos van ás présas. Por Retornos levou en 2011 o premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina de reparto. Recibiu o Premio Augusta ao mellor actor no Festival Internacional de Cinema Independente de Braga, Bragacine, polo seu papel protagonista en Simbad.
Como home comprometido con prácticamente todos os proxectos culturais que se desenrolaron no concello de Muros nos últimos trinta anos, son ben recordadas as súas habituais e amenas colaboracións no grupo de teatro Xestruxo de Esteiro, dirixido polo inesquecible Xosé Agrelo. Así como a súa participación en prácticamente todos os eventos ou actividades culturais que xurdiran na nosa comarca. A súa colaboración podía plasmarse de cualquier xeito. Ben fora en forma de presentación, de pregón, etc… Pero Pico sempre estaba disposto a colaborar botando una man facéndolle honra ao dito de “canta a túa aldea e serás universal…”

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s