A hipocresía das mulleres (Conto só para homes)

p/ Marcelino García Lariño
Eu non teño nada en contra das mulleres, ó contrario, gústanme a rabiar. Mentiría si dixese ó revés, e non son home mentireiro, Home si, pero mentireiro non. E aínda digo máis: as mulleres gustáronme, aínda me gustan a pesar da miña idade e se chegara ós noventa e nove anos ou os cento doce, poñamos por caso, tede a completa seguranza de que me seguirían gustando como agora ou aínda máis. E asevero, que se hai home que ó ver pasar unha muller apetecible non sinte un comechume por todo corpo, tede a completa seguranza que: ou non é home, ou minte máis que o goberno.
Pero as mulleres, todo hai que dicilo, teñen outra cousa: que todas, sen excepción, son hipócritas; todo en elas é finximento, engano, falsidade e dobrez. Nunca, xamais, a muller sexa moza ou vella di o que sinte nin sinte o que di, nin fala o que pensa nin pensa o que fala. A muller é unha mestura de disimulo, aparencia e artificio. Todo en elas é astucia e estrataxema. Nunca se sabe se a tes ou non a tes; o mesmo se ri coa pena como chora coa alegría; o mesmo che di que te quer cando te odia, como te odia e di que te quer. A súa vida é un teatro, unha farsa, unha tremoia: ás veces drama, ás veces comedia, e ás máis delas intriga.
Picture6Podería, se quixera, contar moitas anécdotas que pasaron e pasan e aínda pasarán desta peculiar maneira que teñen de ser e comportarse, sexan mozas, doncelas, señoritas, señoras, noivas ou compañeiras. Pero abonda, ó meu xeito de ver o que lle pasou a Xoseíño da Pousona, un mociño feito e dereito, coa súa moza unha rapariga ben fermosa e xeitosa por certo.
Pois o Xoseíño, ó que todos lle chamamos Xosiño, xa sabedes de quen é e onde vive, naquela casa que ten unha parra á porta mesmo fronte a botica. Un día convidou a moza ó cine, e foron ó “París Cinema”. Quitaron os billetes, entraron e sentáronse no patio de butacas. Ó pouco, apagáronse as luces, quedou a sala ás escuras, e encomezou a sesión. Mellor dito: as sesións: a da película e a das apalpadas. Que non foron eles só, ¡coidadiño!, que case tódalas parellas que había no salón, por non dicir todas, estaban ó mesmo: biquiño de aquí, biquiño de acolá, man por arriba, man por abaixo e a cada paso más quentes ata chegar a ferver a borbollóns. E Xosiño e maila noiva no se quedaban atrás, ¡non ho!, con dicirvos que lle tiña a man en certa parte do corpo semellante a unha cova escura, lúgubre e húmida agochada nun monte poboado de arboredo como as selvas do Amazonas, que non me atrevo a dicirvos o nome porque “non sería nada grato a Confucio”, segundo me dixo un grande amigo chinés. E chegou un intre estando nestes trafegos que á compañeira doulle unha arroutada e berroulle toda enrabechada:
–¡Cala, que quero ver a película!
Xosiño quedou como se llas deran. A xente mirou para eles e algo rosmaron; algunhas dicían de boca para fóra “¡Que aproveitado!” Pero para o seus adentros suspiraban “¡Quen mo dera ó meu lado”, e así de cousas parecidas. Pero é que elas, as mulleres, son así.
O mozo en vista do que lle pasara arredouse dela e púxose a mirar a película, pois ata aquel intre non sabía se era de amores ou de policías; pouco a pouco foise poñendo ó tanto e xa lle estaba gustando a cinta.
Pasaría coma media hora, ela deulle co cóbado; el ni caso. Pasou outro cuarto de hora aproximadamente, e volveu a darlle outra cotobelada máis forte; el impasible como se non fose con el. Seguiu a película e ela outra vez volveu a guindarlle outra cotenada. Entón el díxolle:
–¿Que che pasa? ¿Que é o que queres agora?
E ela, toda anoxada, contestoulle:
–¡Díxenche que calaras; non que sacaras a man de onde a tiñas!
Estas mulleres… ¡non hai quen as entenda! Sonche así, decote foron así e proseguirán sendo así. Pero…. ¡¡¡Que boas están!!!

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s