A Nosa Xente: Domingos Dosil Cubelo (1943-2012).

Domingos Dosil Cueblo naceu en Campo das Cortes, parroquia de Muros, o 27 de setembro de 1943 no seo dunha casa da aldea que fixera o seu avó cos aforros dunha anterior etapa de emigración norteamericana. A infancia de DomingosImagen20 transcurriu coas estreiteces da postguerra española, aínda que a súa era unha casa de fartura. Na que se ben non se disponía de aforros e o traballo era duro, na súa familia tiñan abondo para comer naquela etapa de economía de subsistencia.

Como a maioría dos rapaces daquel tempo o neno Domingos tivo moi pouca escola . As primeiras letras aprendeunas na Fonte Vella, nunha escola chamada “das adelinas”, e despois foi a escola dos irmáns Don Moisés e Don Manolo. Dende moi novo axudou a facer as tarefas necesarias na súa casa de labranza. Co seu avó aprendeu a «botar uns regos» como el mesmo recordaba emocionado.

Aos catorce anos empezou a traballar de mariñeiro na canoa do xeito do señor José París, “corniños”. Despois embarcaríase na mariña mercante ata que entra en quintas e volve a casa para cumplir co servizo militar.

Con cáseque dezanove anos cumplidos, o 25 de agosto de 1962, en compañía de dous amigos foi bañarse a praia da Vouga. Domingos tirouse á auga batendo coa cabeza no fondo de area da praia e xa nunca máis volvería a andar. Sufriu unha tetraplexia por aplastamento da médula nas cervicais a altura da quinta e sexta vértebras. Salindo daquela praia ao lombo dos compañeiros foi como empezou un calvario de once meses no hospital de Santiago e despois na casa curando as feridas provocadas por estar todo o tempo deitado. Fixo tres anos de rehabilitación entre Santiago e o centro de rehabilitación de tetrapléxicos de Toledo. Durante esta etapa de rehabilitación encetou algún estudios, aprendendo a montaxe e reparación de aparatos de radio. De volta na casa familiar montou un pequeno taller de reparación de radios ao tempo que facía de administrativo para o seu irmán constructor.

En 1982 fundou, xunto con Juán Carpintero Vázquez, a asociación de discapacitados da bisbarra de Muros buscando no movimiento asociativo a solución das necesidades comúns do colectivo. Encetando unha nova etapa na súa vida que o levaría a ser un personaxe coñecido en todo o estado, ocupando durante moitos anos a presidencia da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI). Firmemente convencido da integración laboral dos discapacitados e con ese obxectivo fomentou a creación de cooperativas e empresas por parte do movemento asociativo.

En febreiro de 2007 Domingos Dosil abandona a presidencia de COGAMI coa intención de xubilarse e voltar a Muros. Pero un grupo de muradáns encabezados por Xoán Manuel Bazarra convecérono para encabezar a lista do BNG nas eleccións municipais de maio daquel mesmo ano.

No período que vai do ano 2007 ao 2011, con un pacto de goberno asinado co Partido Popular de José Antonio Siaba Cernadas, Domingos Dosil Cubelo vai converterse no primeiro alcalde nacionalista galego que houbo no concello de Muros.

Finalmente unha grave enfermidade intestinal remataría coa súa vida o 6 de febreiro de 2012.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s