p/ José María García Rodríguez
Miña carrapucheiriña,
tua trenza é amarela,
coma os gallos das mimosas
coas frores na primaveira.
Miña carrapucheiriña,
meu amor non e lixeiro,
coma o do abellón coas rosas
ou da chuvia cos loureiros.
Miña carrapucheiriña,
meu amor non se pregoa,
vai no meu peito gardado,
coma en arca roupa nova.
Miña carrapucheiriña,
meu amor non e tambor,
meu amor e caladiho
que calado e mais millor.
Miña carrapucheiriña,
teho un segredo no peito,
a ninguen vou a dicilo,
pra que nono leve o vento.
Miña carrapucheiriña,
daquil mosteiriño e freira,
inda que non sai a rúa
acéname da fiestra.
Miña carrapucheiriña,
cando as cunchas che toquei
foi naquila corredoira,
que sabemos ti e mais eu.