Carta da Redacción: Maio-2014

Carta da Redacción:

Picture1Un mes mais a revista The Muros Times acude a súa cita mensual, e o fai con temas interesantes que de seguro serán do gusto dos lectores.
Que cada mes esta revista dixital poda estar a disposición de todos non e unha tarefa fácil. Ó traballo de dar contido as páxinas hai que engadirlle o ter que soportar ácidas críticas, que sen base nin fundamento, florean por aquí e por acolá. Cando a crítica e construtiva pois sexa benvida, pero cando provén do mais fondo resintimento… quen as recibe, non pode nin debe quedarse calado.
Cando naceu TMT, os fundadores fixámonos uns obxetivos moi claros. O primeiro que TMT nacía para pór en valor a Muros e as súas terras. O segundo que TMT ia ser unha revista plural, e polo tanto aberta a todos, e na que calquera, independentemente do seu pensar podería colaborar na revista, e xunto con isto, que TMT tiña que ser dirixida a todo tipo de público calquera que fose o seu pensar persoal. Isto cúmprese e cumprirase de forma rigorosa, e con estes parámetros TMT invitou e invita a colaborar coa revista a todos sen excepción. E así seguiremos.
Que TMT nace baixo o abrigo de persoas que son administradoras de páxinas de redes sociais, que con notable éxito tamén poñen en valor a Muros, e un feito palpable, pero en ningún caso TMT e un apéndice destas páxinas nin dos seus creadores. O que se poda ler ou opinar en páxinas como I Love Muros ou Muradanos na Diáspora, nada ten que ver con TMT.
Os que escribimos e colaboramos con TMT, maioritariamente somos mulleres e homes que non temos títulos. Somos persoas que escribimos coa mellor das intencións. Que a un se lle escape un erro, como, por exemplo, pór un , cando debera pór , non pode converterse en de ninguén. Si hai erros, se corrixen e punto. Lonxe de nós o querer denostar a ninguén; lonxe de nós calquer ánimo de provocación. Aquí se está a falar de historia, de arte, de cultura, de tradicións. Estase para divulgar, e isto nunca se fai pontificando, polo que todo e discutible; todo está sometido a crítica, pero o que non e admisible e que as críticas se fagan co argumento primeiro de que os que escriben en TMT son <ninguén>, porque non teñen títulos. E o mal de sempre… o mal que levou e leva os pobos a súa decadencia. Nas terras de Muros chámase . O noso consello: que deixen o e se poñan a PENSAR.

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en Cartas da Redacción y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s