Do Blog Homes de Pedra en Barcos de Pau
A copla é unha forma poética de catro versos que serve de letra para cancións populares. Xurdiu en España, onde segue sendo moi común. Adoitan estar compostas xeralmente por catro versos de arte menor, dispostos en forma de redondilla.
Estas son algunhas que están recollidas na tradición oral das xentes de Muros.
Ao mariñeiro no mar
nunca lle falta unha pena:
ou se lle torce o temón
Ou se lle rompe a vela.
—————
O vento move ao mar
E o mar move aos barcos
Ti me manexas a min
Muradá, cos teus encantos
————-
Duascentas cincuenta leguas
Levo de navegación
Duascentas cincuenta penas
Levo no meu corazón.
————–
Mercaches unha parlamenta
Coidando que te casabas
Inda as comprala de seda
E quedarte como estabas
—————-
Miña santa Madanela
Miña Madanela santa,
Tes a tua casa no monte
Onde os paxariños cantan.
——————-
Dentro da porta da vila
Hai dúas pedras de asento
Unha é a de marmurar
Outra a de perder o tempo
——————–
Alá arriba na Costiña
Hai un home pequeniño
Que lle chaman vendaval
Vendaval, vendavaliño.
—————–
Nosa señora do Carme
Vela aí ven pola ribeira
Agarrando cuncha a cuncha
Que mete na faldriqueira
—————–
Hoxe tócame de leva
Mañá marcho para arriba
Adeus campo de San Roque
Para toda a miña vida
—————–
Adeus Virxe do Camiño
Cantos paseos me debes
Cantas veces me arrimei
A sombra das túas paredes
——————-
Adeus Muros, adeus Muros
Muros de tanta alegría
Que se marchan os do Rei
Rumbo de Vilagarcía
Adeus Muros, adeus Muros
A popa che vou virando
Non sei que me queda nel?
Que o corazón vai penando
——————–
Os solteiros valen ouro
Os casados valen prata
Os viuvos calderilla
Os vellos folla de lata
O lugar de Miraflores
De lonxe parece a Vila
Ten un caravel na entrada
Unha rosa na saida
—————-
Non hai forasteiro ningún
Que en Muros estea un dia
Que o despedirse non deixe
Un suspiro na baia
Santa Cruz de maio
Víndenos buscar
Que aí veñen os mouros
Para nos levar
——————-
Se o mar fóra de leite
Monte Louro de boroa
Como se ían a poñer
os ghaldrupeiros de Noia.
——————-
Porque Muros tén a sona,
porque Muros sona tén,
porque Muros tén a sona
de cantar e bailar ben