O Pedregal

p/ Manolo de Lajo
Vendo que o verán está petando a porta, gustaríame recomendarvos un entorno cunha gran riqueza xeolóxica e mitolóxica, ademáis de ser unha ruta de senderismo inmellorable.
Picture1O Pedregal e un afloramento granítico de máis de 700 hectareas que se alza impoñente sobre a enseada de Esteiro e polo Val da Silvosa.
Está cheo de espazos a modo de pequenas covas e altas pedras asemellando fortalezas. Destaca a enigmática Pedra Pía, unha inmensa rocha cunha gran pía a xeito de trono, donde na parte inferior aparecen como unha serie de coviñas que semellan ser ben antíguas, e sobre a pía hai grabadas un conxunto de cruces de varios formatos distintos rematando coa letra M na parte superior, quizáis en alusión a Santa Mariña, patroa de Esteiro. Contan as malas línguas que foi un altar celta donde os castrexos ofrecian os séus sacrificios, e que logo foi cristianizado co paso do tempo.
Logo de rebasar a Pedra Pía seguimos ate chegar a coñecida Pedra do Cadro, cunha cavidade entre penedos que ten na súa entrada unha pedra cunha cruz grabada e tres coviñas, conxunto pétrico que representa un complexo elevado controlando o val do río Maior e que pecha por o norte no Castelo Altomedieval que cos séus 320 metros se cree que foi unha das moitas moradías da raiña Lupa, oxe enterrada e cuberta de ouro debaixo da Laxe da Moa no coñecido como Olimpo Celta ou Monte do Pindo.
Por a outra cara, descendo por o val do río Rateira hacía Abelleira, Encontrámonos co Pedregal de Pando e a Pedra das Cruces xunto o Campo da Ermida, da que so quedan os restos. Seguindo a ruta topámonos ca Braña, o Campo de Pedro coa súa fonte e a Pedra dos Cabalos, chamada así por servir de refuxio a ditos animales. Tamén hai quen a chama da Ferradura, por ter a pegada do cabalo de Santiago Apóstolo nún dos séus moitos saltos voltando do Monte Louro de expulsar os mouros.

Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario