p/ Manuel M. Caamaño
0 arte de arrastre a flote con portas denominado popularmente «baca» é unha modalidade relativamente recente en augas de Galicia.
Xa coñecido e utilizado este sistema nas costas do levante español desde a segunda metade do século XIX, a súa implantación nas nosas augas demórase ata a segunda década do XX . A súa aceptación foi tardía debido ao arraigamento que gozaban outras dúas artes de arrastre entre as armadores dos nosos portos e que utilizaban barcos de maior porte, a parella e o bou.
Non foi ata 1925 que no porto de Marín, Senén Sobral armador da parella composta polo «Senencito» e o «Salvadorito» ambos con 16 metros de eslora e unhas 60 toneladas de desprazamento, armou ao «Salvadorito» co sistema levantino, tralo naufraxio do segundo. Para iso foi contratado o patrón de pesca valenciano Francisco Marés, dando así comezo esta modalidade de pesca nas nosas costas.
En poucos anos esta nova arte de pesca estendeuse por diferentes portos da costa atlántica galega; empresarios de portos como Vigo, Santa Uxía, A Coruña e Muros armaron os seus barcos con ese novo sistema. Nun principio eran «tarrafas» que en tempada de baixas capturas de sardiña, pertrechaban co nova arte, mais tarde vendo a excelente rendibilidade que ofrecía o novo sistema, dedicáronse exclusivamente a el.
No porto de Muros calou rapidamente entre armadores e tripulantes esta nova modalidade, pois ofrecía unhas excelentes capturas e un relativo baixo custo o non requirir a construción de novos buques e o ser aproveitados para iso os xa existentes. Donos de almacéns de salgadura descendentes dos antigos fomentadores cataláns chegados a Muros na segunda metade do século XVIII foron os primeiros armadores de bacas que dedicaron os seus barcos. antes armados para a pesca da sardiña. Nomes que acoden agora ao meu maxin rescatados da memoria dos vellos mariñeiros de Muros, como o Pepita, o Solita, o Antonio Pérez, o Pepito, o Antollo, O Ifigenia ou o Maruxa, algúns deles patroneados no seu tempo por Don José Martínez Álvarez (Pepe de Chuvasco), uns dos primeiros patróns do arrastre que exerceron como tal neste porto.
Na década dos 40 do pasado século xa estaba totalmente afianzada esta pesquería en Muros, dedicándose a tal fin máis dunha ducia de «bacas». Eran anos de carencias e fame en todos os niveis da sociedade e iso, como non podía se doutro modo, manifestábase de maneira mais que evidente entre a nosa xente da mar e na precariedade dos barcos destinados a esta modalidade .Esacangallados vapores, algúns con máis de catro décadas sobre as súas cadernas, compoñían a flotilla de bacas muradana. Barcos que estaban deseñados e construídos para pescar e nos que calquera sistema ou avío destinado para a seguridade dos seus tripulantes, eran unha mera entelequia. Houbo que esperar ata finais dos anos 60 para que as unidades dedicadas ao arrastre se actualizásen coa compra por parte das armadores muradáns de barcos xa construídos para tal fin.
Nestes anos, moitos patróns de pesca convertéronse en armadores buscando unha mellora no seu status económico e logrando dese modo asegurarse a súa praza.
Houbo que esperar ata as décadas dos 70 e os 80 para ver o maior florecemento do arrastre en Muros; foron anos nos que ata 25 bacas amarraban nos seus peiraos. Especies como a cigala, o linguado, o rape ou o galo constituían a maior parte das descargas destes buques.
Nomes como o Juanito Concepción, o Novo Pepín , o Familia Portuondo, o Peña Negra ou o Sidri Rober acoden prestos á memoria de quen aquí escribe, e traen gratos recordos dun neno que comezaba as súas singraduras e a súa vida no mar a bordo destos entrañables barcos.
Estos son alguns dos nomes que tiñan estas unidades dedicadas o arrastre no porto de Muros : Alba Mar, Alba do Mar, Almirante, Alonso de Ercilla, Alza, Amadorcin, Amaro Carabel, Andiño, Anfítrite, Antonio Sampedro, Antonio Sampedro 2º, Antonio do Velliño ( Ex Hermanos Vega), Ardita, Arenys de Mar, Boa Vista, Brutimar, Caballa, Cabalo Branco, Carmen Garrido, Carrasca, Concha de san Sebastian, Conexo, Cordero de Belen, Costa Lucence, Coreano, Choquero, Cizurquil, Cristina Pedrosa, Dous de Ouros, Enero, Evaristo Pérez, Familia Portuondo, Felisa Dominguez, Felix Villar, Francisco Yañez, Galiñeiro (Praia de Esteiro), Gaztelutarrak, Genoveva Nº 2, Genoveva Nº 3, Gemma del Mar, Getafe, Hercules Nº 1, Hermanos Diez Colome , Hermanos Bens, Hermanos Portuondo, Isla de Gaztelu, Juanito Concepcion, Javi, Jesús Del Gran Poder, José Balayo Portela, Kica, Laca Burgoa, Lagardiña, Laxana, Macaya M, Macaya R, Manuel, Mar, Mar Once,Marce y Manuel, Maria Auxiliadora (detalle da proa), Marina, Maruxa, Masus Guillen, Matusa, Meira da Costa, Meu Agarimo, Merci, Monte Louro, Montenegro, Nuevo Lasarte, Nuevo Pepín, Pedro do Neto, Pena do Altar, Peña Negra, Pepita, Pérez Armada, Ramona Pan, Regente, Río Miño, Río Rus, Rosa Náutica, Rosariño, San Eusebio, San Matin de Abajo, San Martín de Arriba, Segunda del Mar, Sidri Rober, Tamara y Yaiza, Teilan, Urduliz.