Señor cura peche o libro…

p/Manuel Lago Alvarez

Póñome a escribir un conto, que é só iso: un conto, e non quixera que ninguén se dera por aludido, pois os contos, contos son, e todo parecido coa realidade e unha simple anécdota. Empezo:
Contan de un cura novo que foi nomeado párroco dunha importante feligresía. O xoven sacerdote foi moi ben acollido porque víase en el que era unha persoa moi traballadora e moi cercana a xente. Lonxe de ser altivo, engreído, soberbio, chulo, terco e outras mais cousas, o cura novo era afable, cordial, modesto, falador, e tamén moi acudidor. Era como se dí: un home manso e humilde de corazón, sempre disposto a axudar a todos.
Picture20En poucas semanas fíxose moi popular na parroquia. Misas, novenarios e procesións estaban sendo mais concorridas que nunca. Parecía coma si o cura novo tivese un imán; pero nada de iso: o cura era bó en todo, que para iso era un home de Deus i moi estudado.
Pois ían pasando as semanas, e as campás da parroquial tocaban mais que nunca, pero non tocaban precisamente a festa. Tocaban a defunto ¡¡. Un día con outro acontecía que na parroquia morría xente, cousa que debería ser do mais natural, xa, que como se dí: <aquí non vamos a quedar>, pero a cousa non era moi normal xa que morrían mais do dobre da xente do que era habitual. Os parroquians andaban un pouco asustados, e un bo día, xuntáronse media ducia deles, no alboio da señora Luísa da xxx (non poño de qué porque soa mal…), e comentaron o que estaba pasando. Uns dicíanlle os outros: ¡Hai que disirllo, isto non pode ser¡. ¡Xa mo dixo meu Ramón, ¡isto e cousa mais ca do demo¡. ¡as áminas andan soltas pola parroquia adiante¡. Pois hai que disirllo ao cura. ¿E cómo fasemos?. Pois vaise en comisión. Os homes que non vaian, que isto e cousa de mulleres, que nós nos entendemos mellor cos curas.

E buscaron un día e alí foron; a falar co cura novo. E xa no despacho da reitoral, o cura agradeceu a visita e preguntoulles en qué podía axudalas. As mulleres miráronse unhas a outras, pero non daban arrincado… o cura insistiu: ¿en qué podo axudalas? Hai algún problema?. E volta a mirarse unhas a outras… pero quen arrincou foi a señora Luísa da xxx (que sigo sen poñer de qué… porque soa mal, e diante dun cura soa peor), quen lle dixo ao cura: señor cura, que non lle paresa mal…. pero.. pero.., Pero qué?, -dixo o cura-. Pois… aquelo… -dixo a señora Luísa-, que bueno…, que peche o libro ¡¡¡. O cura puxo cara de pasmado e cos ollos moi abertos dixo: ¿qué libro? ¿o de resar?. Noonnn ¡ ise non ¡, vostede rese por todos, que boa falta nos fai. O que queremos e que peche e o libro dos defuntos. Ahhh… -dixo o cura-. Pois non entendo, -retrucou- Pois xa lle explicamos: estamos moi contentos con vostede, pero dende que chegou, non fai mais que morrer xente na parroquia, e din os mais vellos que cando o libro dos defuntos queda aberto, os que están anotados chaman polos que estamos vivos. Entende agora?. O cura non saia do seu asombro, e tomando alento, díxolles: pois xa está, péchase o libro e listo. A señora Luísa, que era moi retranqueira dixo: así me gusta, que sexa vostede guieiro, que para cabesudos xa están os nosos maridos.
E pechouse o libro. E marcharon marmurando baixiño: , pero e guieiro. Pasou o tempo, e as cousas viñeron ao seu, i un bo día, o cura, mentres resaba co seu libro aberto, baixo as ponlas dun castiñeiro que castañas non daba, disiase: ¿e sería cousa do libro ou cousa miña?.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s