A Corbata

p/ Manuela Tajes.

Tamén se lle chama <garabata>, pero correntemente dicimos corbata. Esta e unha prenda de adorno masculina e de uso agora menos frecuente. Noutros tempos era moi usada e considerábase un signo de distinción.

Din as estatísticas que aínda que é de uso maioritariamente masculino, son mais as mulleres que saben facer o seu nó, que os homes. Isto non deixa Imagen22de ser “unha mais” do que foi en algúns tempos “o sexo forte”.

Na miña casa, na que son a única muller, o meu marido, pouco usa esta prenda, pero as poucas veces que quer facelo anda detrás miña para que lle faga o nó. Eu que lle son de moita paciencia e moita retranca, sempre protesto e sempre lle digo que haber cando aprende a facer o dichoso nó. El sempre me contesta o mesmo: “e para qué estás tí”. Refunfuño polo baixo…, pero acabo facéndolle o ditoso nudiño, acompañándolle sempre a mesma cantinela…. “que xa eres grandiño….”, e nin caso… el ó del. Pois como caso non me fai cando llo digo, agora voullo dicir por escrito, que o escrito, escrito queda. Aí vai como se fai o nó simple da corbata:

Preparación: Sube o cuello da camisa, pecha o botón e reaxusta a corbata. Os homes de talla mediana poñerán a parte pequena da corbata a nivel da cintura. Os homes con bustos curtos preferirán o nó dobre que é de forma semellante.

As etapas : Etapa 1 : Por debaixo do pescozo, cruzar a parte ancha sobre a parte estreita un pouco mais abaixo do pescozo. Etapa 2 : Deslizar a parte ancha por debaixo da parte estreita. Etapa 3 : Dobrar a parte ancha por encima da parte estreita. Etapa 4 : Pasar a parte ancha por enriba detrás da corbata colocando o seu dedo índice sobre o nó que se está formando. Retirar o dedo e deslizar a parte ancha n interior do nó. Etapa 5 : Manter a parte estreita, enseguida delicadamente tirar a parte ancha para cerrar o nó. Axustar o nó, logo subilo ata o último botón do pescozo.

Unha vez que o nó está feito, a parte estreita non se debe ver e a extremidade da parte ancha debe situarse a nivel da cintura.

Queda escrito, pero como as mulleres e nais somos así… como somos… e queremos que maridos e fillos vaian guapos… pois xa sabemos o que nos toca… seguir facéndolle o nó da corbata ¡¡.

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s