Presentación en Esteiro

Presentación en Esteiro do especial TMT adicado a Don Ricardo Tobío Rama.

Fotografias: José Manuel Formoso Luces e Xosé Sendón Caamanho

O sábado 20 de decembro, The Muros Times fixo a presentación do seu número especial de decembro en lembranza de Don Ricardo Tobío Rama,Imagen23 recordado meritoriamente en Esteiro e a súa contorna, por haber adicado 60 anos da súa vida ao exercicio da profesión médica con notable saber e especial atención a canto doente solicitaba da súa ciencia.

O local da Sociedade Esteirana veuse ateigado dun público que sigueu con total atención as intervencións dos membros da mesa, que presidiu o Decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Jesús Gestal Otero, xunto con Don Francisco Tobío, neto de Don Ricardo, Amador Martín, autor da biografía, a doutora Dona María Castiñeira,Imagen24 membro de TMT e Licenciada en Medicina, e Manuel Lago Álvarez, editor da revista dixital muradana.

Todos os oradores loaron a figura de Don Ricardo como a dun home entregado totalmente a súa profesión e aos doentes, aos que trataba con especial cariño, como si foran a súa propia familia.

A data escollida para a presentación coincidiu co corenta e un aniversario do pasamento de Don Ricardo, ocorrido o 21 de decembro de 1973. Ao remate do acto, Amador Martín , en nome de TMT, entregou a familia do recordado galeno, unhas flores para que foran depositadas na tumba de Don Ricardo.

TMT no seu afán por poñer en valor o arte, cultura, historia e tradicións de Muros e as súas xentes, publicará este ano 2015, números especiais da revista dixital adicados a Sociedade Protección Social Esteirana, co galo do centenario da súa fundación, á pesca de baixura en Muros nos anos 50-60; ao poeta i escritor Manuel da Roura, e ao médico muradán Don Antonio Beiro Uhía, falecido en 1932.

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en Presentacions y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s