Neve en Muros

p/ Alianza Uhía Patiño

 Non é fácil que neve en Muros porque está ao nivel do mar, e a temperatura necesaria pra que se produza o fenómeno metereolóxico da nevada nunca chega aos mínimos necesarios, pero aínda así, e como somos un pouco diferentes (case todo nos pasa), ao longo do século anterior déronse nevadas en Muros; pequenas nevadas que encheron o pobo dun branco invernal e que trouxeron a ledicia do inesperado ás nosas xentes.

Non se conservan moitas fotos deste fenómeno extraordinario nas nosas terras, pero as poucas que hai son un claro testimonio do fermosa que queda a Vila cando a neve cubre co seu blanco manto os seus tellados e rúas.

Aquí deixo unhas fotos de diferentes anos nos que nos visitou a neve. Seguramente que alguén terá nos seus caixons algunha mais, pero estas son unha boa testemuña gráfica.

Teño a esperanza de que este ano tamén neve, e que se cumpra o dito popular que todos coñecemos:    “Ano de neves, ano de bens”.

Imagen26 Imagen27 Imagen28 Imagen29 Imagen31 Imagen32 Imagen33 Imagen35

Esta entrada fue publicada en Vivencias y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario