p/ Xokas Figueiras.
Tipo de ben: Cruceiro, Paisaxe natural, Concello: Muros Parroquia: Louro (Santiago) Lugar: O Ancoradoiro Outra denominación do ben: Cruz de Pepe da Pedra Cronoloxía: Século XX, Descrición: Situada na Punta Lens, moi preto do complexo vacacional e praia do Ancoradoiro. Encima dun penedo érguese unha cruz de pedra de escaso metro de altura nun entorno natural privilexiado, conmemora a Pepe “da pedra” que achou a morte naquel lugar sendo arrastrado polo mar no ano 1960. A cruz ten pegadas dúas placas metálicas cos seguintes gravados: a inferior di “SOCIO AMIGO, YA ESTAS EN EL MAR QUE TANTO AMASTE AHORA DINOS: ¿QUE ES LO QUE HAY MAS ALLA DE LAS ESTRELLAS”; e a superior, “A mis Padres para siempre”.
Propiedade: Descoñecida Uso actual: Outros Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Non está inventariado Elementos mobles: Tradición oral: Referencias bibliográficas: INVENTARIO DO PATRIMONIO MARÍTIMO PESQUEIRO NO ÁMBITO DAS CONFRARÍAS DE PESCADORES DE MUROS, LIRA, O PINDO, FISTERRA E LAXE
Afeccións:
Ten camiño de acceso?: Si Está cuberto de maleza: Non Está afectado por algunha obra: Non Estado de conservación: Moi bo