O candil do diaño

p/ Manuel M. Caamaño

 Un dos sucesos mais asombrosos que podo lembrar na miña dilatada vida como mariñeiro, é o episodio “ do farol”.Foi tan grande o desconcerto e a conmoción que xerou este episodio entre os meus tripulantes e un servidor mesmo , que decidimos de mutuo acordo, non contarllo a ninguén ao chegar a porto, pois temiamosImagen41 ser tomados por ilusos ou simplemente por mentiráns.Todo isto aconteceu un día de verán alá polo ano 90 do pasado século. Un día que o mar era chan como a superficie dun barril de aceite e nin unha lixeira brisa atenuaba o calor reinante.Faenabamos ao Oeste de Cabo Vilán nas proximidades dun pecio de procedencia e nome descoñecido o que nos chamamos para diferencialo de outros o casco do Celta. Como estaba tan calma, decidín aproximarme mais do que sensatamente debe facerse coas redes ao casco , con tan mala fortuna que prendemos nel.Logo de varias horas e múltiples esforzos, fomos capaces de desenganchar as redes do pecio , sen mais avaría que a rede rota e a conseguinte perda de tempo.Non obstante ao baleirar o contido do saco na cuberta, a pesca resultante foi bastante boa, o que mitigou parte do tempo perdido. Preparamos outra rede e volvemos a largar os artes.Logo, mentres os mariñeiros seleccionaban a pesca , ocorreu algo inaudito , do que aínda hoxe en día despois de tantos anos resístome a crer o que viron os meus ollos. Porque non o dubidedes nin un solo intre, iso e soamente iso, foi o que viron estes olliños, os que vermes algún día han de comer.Un obxecto estraño de metal , que en un principio asemellóuseme a una caixa, apareceu entre a pesca.Baixei a cuberta para ver de preto o que era, e ao observalo mais polo miúdo vin o que parecía ser unha especia de caixa de latón coa forma dunha pequena casa e cunha porta en cada un dos seus catro lados; No seu pináculo tiña unha argola , que supoño seria para poder penduralo, e non mediría mais duns 30 Cm. De alto por 15 de lado.Era claramente un farol de aceite dos que se usaban antigamente nos vellos navíos de vela, para nas noites de navegación alumear, e así facerse visible para outros posibles barcos que navegasen preto da súa derrota.Un mariñeiro alcumado “O Valente” manipulaba o farol ca intención de abrir algunha das súas portas , e cando por fin o conseguiu, cal seria a nosa sorpresa ao poder ver… que o farol estaba aceso!. Unha feble luz tilitaba no interior da lanterna.“O Valente” non fixo honor ao seu nome neses momentos , foi tal a súa sorpresa que deixou caer o “artiluxio do Demo” na cuberta, como se mesmo fora cousa do diaño o que acababa de ver. Nun longo período de tempo no que ningún de nós se atreveu a tocalo , observabamos a súa luz acesa e desafiante a todas as leis coñecidas da física e da razón. Entón eu, posuído dun valor que tan so proporciona o medo , nun rápido movemento guindei o farol por fora da borda o mar. Durante moito intre , mentres o farol regresaba de novo ás profundidades mariñas (das que nunca debería haber saído), puidemos ver aínda a súa terrorífica luz, logo , nada.Quedamos todos un bo intre atónitos , sen mediar palabra entre nós , ata que se nos foi pasando o pasmo e o susto.Decidimos non contarllo a ninguén o chegar o porto, pois certamente nadie nos houbese crido e houbésenos tomado por mentiráns ou por algo aínda peor.

Agora pasado o tempo , decídome a contalo, ca intención de compartir con todos vos tan pavoroso acontecemento, facendo de este modo un claro acto de confesión co que tratar de aliviar os pesadelos que me perseguen dende aquel maldito día. Aínda hoxe , logo de tantos anos, ao lembrar aquela lúgubre e tenue luz daquel maldito farol, volvo a estremecerme coma se aquel brillo diabólico me estivese alumeando aínda.

Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario