A Don Casimiro Torres Pombo: In Memoriam

p/ Manuel Lago Álvarez

A redacción de TMT, fíxome o difícil encargo de escribir sobre Don Casimiro. Difícil vaime ser, porque foron moitos de relación e moitos anos tamén de colaboración directa na redacción e edición da Folla Parroquial de Muros, grande etapaImagen44 na que aprendín del un pouco de todo o seu gran saber. Tan cercana foi a nosa relación que a mais de un deulle por dicir que eu era o cómplice de Don Casimiro, e digo eu, que si ser cómplice, é ser alumno dun home de Deus, síntome inmensamente orgulloso.

O 15 de xaneiro de 2014, os 85 anos de idade, faleceu don Casimiro, quen foi durante cuarenta e dous anos o noso párroco, párroco de San Pedro de Muros. Don Casimiro chegou a Muros o día 17 de marzo de 1966, para cubrir a vacante que deixara o anterior párroco don Ramón García Longo, que falecera o día 9 de febreiro dese mesmo ano. O que en principio ia ser o cubrir temporalmente a vacante deixada polo vello cura don Ramón, converteuse nunha estancia duradeira no tempo.

Don Casimiro naceu na parroquia de San Estevo de Noalla, (concello de Sanxenxo), o 28 de agosto de 1928. Fillo de Don Casimiro Torres e Dona Elisa Pombo, foi o segundo de cinco irmáns. Xunto con él, os seus irmáns Maruxa, Luís, Berta e Suso, foron criados nun ambiente familiar profundamente cristián. Despois de facer os estudos correspondentes, o 28 de xuño de 1953 foi ordenado sacerdote polo Cardeal Quiroga Palacios, sendo o seu primeiro destino a parroquia de Santo Tomás de Piñeiro, e logo a do Carme, en Seixo (Pontevedra). Logo de case once anos nesa parroquia, na que promoveu a construción do novo temploImagen46 parroquial foi destinado a de Muros.

E a Muros chegou en marzo de 1966, comenzando a súa labor pastoral poñéndolle o acelerador a Conferencia Local de San Vicente de Paúl para a asistencia as familias mais desfavorecidas, e o longo dos anos, pondo en marcha as necesarias obras na igrexa parroquial, na casa reitoral e nas capelas da parroquia. Foron 42 anos como o noso párroco nos que deulle un pulo á vida da parroquia: reinstaurar a Adoración Nocturna, que desaparecera nos anos da guerra, logo de ser fundada en Muros no ano 1918; creación das Comunidades Neocatecumenales, que foron as primeiras de Galicia, posta en marcha da Folla Parroquial, creación das confrarías de Semana Santa, e tamén, como non, a súa grande labor de apostolado, e o fomento das vocacións sacerdotais, das que Muros se sinte orgulloso. No ano 2008, véndose moi enfermo, presentou a renuncia canónica ao Sr. Arcebispo que lle foi aceptada, pero non por iso deixou de traballar e colaborar co novo párroco en todo canto puido.

Puidera contar cento e moitas anécdotas das miñas longas conversas con Don Casimiro, pero voume quedar con dúas o tres. Nos últimos anos era eu, xunto coa a súa fiel Mari-Carmen quen o acompañabamos a Santiago ás consultas médicas. Os dez primeiros minutos de viaxe eran para cambiar impresións sobre o acontecer da Vila e da parroquia; logo… a rezar o rosario no coche. E entre padrenuestro e padrenuestro… a súa voz: “adelanta a ese…” “pon la cuarta”, etc, I eu dicíalle: don Casimiro, vde. rece que do coche encárgome eu ¡, I el respondía: “Tú obedece, que se puede estar a lo divino y a lo humano”. E outra: tiña Don Casimiro un gato de notable porte, o que a min me permitiu chamarlle “kaifás”, pese o que el lle chamaba sempre “don gato”. Pois aconteceu que unha parroquiana lle chamou ao seu gato “judas”. El alporizado, e con voz forte díxolle: “en mi casa, judas no, en mi casa, judas, no ¡. E así quedou a cousa.   E xa rematando… Entereime, o mesmo dia 15, en casa de Marcelo da Rabela de que estaba internadImagen45o no hospital de Santiago e de inmediato falei con el interesándome polo seu estado, e cal sería a miña sorpresa… que me foi levando na conversa de forma que era el o que me estaba preguntando pola miña saúde.. que si tomaba as pastillas… que si me tiña que coidar. Lonxe de min pensar, que dúas horas despois Don Casimiro xa non estaba entre nos. O resto… xa é historia conocida.

Don Casimiro foi unha persoa de carácter forte de pero grande e nobre corazón. Me ten rifado moitas veces, pero aos tres minutos xa lle pasara o enfado. Pode que non fora santo da devoción de moitos, e que tivo os seus momentos de luces e de sombras, pero os que o coñeciamos ben sabemos que foron mais as luces que as sombras. Xa retirado de párroco había moita xente que lle dicía: “canto o botamos de menos”, i el respondía: “ya lo sé, pero después direis más: no hubo mejor cura que el que murió ni mejor campana que la que rompio”.

O paso de Don Casimiro por Muros non pode ser como unha cantiga perdida no vento ¡, Muros ten unha débeda de gratitude con Don Casimiro, un sacerdote exemplar que dedicou corenta e oito anos da súa vida a unha terra allea a súa, pero na que soubo integrase e comprender e atender as súas xentes. Esta gratitude debe perdurar no tempo, e que mellor para iso que otorgarlle a Medalla de Ouro da Vila a título póstumo e adicarlle unha rúa, que ben poderá ser a que sobe da praza do concello ata a igrexa parroquial. Ahí queda o meu sentir, que creo comparten moitos muradanos. Que quen teña que decidir, decida.

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente, Historia, Vivencias y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s