p/ Amado Barrera.
Os caldeiróns son eses cetáceos tan fáciles de identificar polo seu gran bulto central, o “caldeiro” culpable do seu nome común.
Hai dúas especies, pero a que pasa pola mar de Galicia e ás veces entra nas súas risas de cando en vez ven varar e morrer nas nosas praias, é ésta, porque a outra (G.macrorhynchus) non se ten visto máis abaixo do Golfo de Biscaia. Tamén a lonxitude das aletas pectorais, de case que o 30% do longo do Corpo, axuda a distinguila dela
Pódese confundir, de lexos, có Arroaz, ás veces van xuntos nun grupo. O arroaz é màis pequeño e non é “cabezudo”.
Tamén se parece ao zifio (xénero ziphius), pero éstes teñen máis fouciño e menos “caldeiro”
O caldeirón desplázase habitualmente polo borde da plataforma continental, o seu hábitat vai dende as zoas subopolares ata as templadas (de 0º a 25 ºC) e hai dúas poblacións mundiais, unha ártica e outra antártica, con uns 90000 individuos.
Vive en pequenos grupos dunha media ducia de individuos, pero ás veces agrúpanase ata 100 deles, e son tan fieis seguidores do “guía” que se vara éste poden ir e varar unha chea deles. Pero son máis comúns os varamentos aillados.
Comer, come case todo o que pode, unha grande variedade de peixes, pero principalmente a súa dieta é a base de calamares e bacallao. Necesita uns 14 kg de comida ao día e bucea ata os 600 m para cazar calamares, que tanto lle gustan e aos que atopa utilizando o seu “caldeiro”, a prominencia frontal, que é un ecolocalizador.
Pola outra banda, eles son presas naturales de orcas e tiburóns. As femias maduran aos 6 anos e os machos aos 12, e son polígamos, perdón por acabar caendo no cotilleo, pero non deixa de telo seu interes o dato.